Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/08/2019 | Actualizada ás 09:48
Un incendio nun garaxe, situado na Rúa do Pan, na localidade coruñesa de Carral, mobilizou na madrugada deste luns aos servizos de emerxencia e obrigou, por precaución, ao desaloxo de dous edificios, pero non houbo danos persoais.
Segundo informou o 112 Galicia, o garaxe ardeu case por completo. En concreto, debido a este incendio queimouse un quad e un turismo. Ademais, outros tres vehículos, dúas motos e un coche, resultaron afectados o lume, así como a estrutura do inmoble.
Despois de recibir o aviso, por parte do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia alertouse aos Bombeiros de Arteixo, á Garda Civil e aos efectivos de Protección Civil da localidade. Tamén, os xestores de emerxencias informaron ao 061, pero non foi necesaria a súa intervención.
Tras extinguir o incendio, os bombeiros comunicaron ao 112 Galicia que os veciños das vivendas desaloxadas puideron regresar ás súas casas con normalidade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.