Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 09/08/2019 | Actualizada ás 14:25
A rodaxe da película documental 'Reboiras. Acción e corazón' comezou este venres, nun proxecto que busca levar por primeira vez ao cinema a vida da última vítima mortal do franquismo en Galicia. A intención dos seus responsables é que chegue ás pantallas en 2020.
A Fundación Terra e Tempo, fundación vinculada á UPG --o partido dominante do BNG--, é a impulsora da longametraxe documental, dirixido por Alberte Mera. No proxecto, segundo informa a produtora, quérese construír "un retrato fiel" de Ramón Reboiras Noia, asasinado o 12 de agosto de 1975 con 25 anos en Ferrol.
"Un mozo de conviccións nacionalistas que se converteu moi pronto en destacado membro da clandestina Unión do Povo Galego" lembran os promotores deste proxecto. A película incluirá máis de 15 testemuños, ademais de secuencias audiovisuais que recrearán momentos de relevancia na vida de Reboiras.
A produtora abriu unha campaña de micromecenado para que as persoas que desexen colaborar coa película poidan realizar as súas doazóns. As persoas que desexen participar no micromecenado poderán escoller entre diversas modalidades de achegas (10, 20, 50, 200 ou 500 euros).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.