Buscan as orixes galegas do célebre cantante cubano Antonio Machín

A Xunta, en colaboración coa familia, anda á procura das raíces galegas do compositor cubano: o seu pai era un ourensán que emigrou no 1873.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 10/08/2019 | Actualizada ás 12:20

Comparte esta noticia

EFE. A Xunta está a colaborar con familiares do soado e prolífico cantante e compositor cubano Antonio Machín na busca das súas raíces galegas, indica o Goberno autonómico de Galicia nun comunicado.

Antonio Machín
Antonio Machín | Fonte: biografíasyvidas.com

Nacido en 1903 na cidade cubana de Sagua La Gran e falecido en Madrid en 1977, Antonio Abad Lugo Machín era fillo de Juan José Lugo Padín, un ourensán que emigrou a Cuba en 1873, segundo a Xunta.

Na illa caribeña, o galego emigrado contraeu matrimonio con Leoncia Machín e tiveron quince fillos, entre eles o cantante coñecido por ser unha gran estrela do bolero.

Un dos irmáns do cantante, Juan Lugo Machín, emigrou a Estados Unidos e agora un dos seus netos contactou co Goberno autonómico galego para achar as raíces da familia, sinala a Xunta.

Indica que a procura da árbore xenealóxica podería ser posible mediante un servizo que ofrece a Xunta para investigar os ascendentes e que permitiu xa localizar e ofrecer máis de 4.000 partidas de nacemento a familiares de emigrantes galegos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta