Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/08/2019 | Actualizada ás 20:49
O municipio de Ponteareas acollerá este domingo a III edición da concentración de vehículos clásicos e históricos do Condado e de Paradela, na que se exhibirán máis de 70 coches anteriores a 1989.
O evento arrincará ás 09,00 horas na praza Bugallal, onde haberá modelos como Ford Mustang, Jaguar E-Type, ou Seat 600, entre moitos outros, que pasearán por ambas as comarcas para o deleite do público.
Tras percorrer a partir das 10,30 horas Salvaterra, As Neves, Arbo, A Cañiza e Mondariz, realizarase unha parada en Mondariz Balneario para comer e regresar a Ponteareas, sobre as 17,30 horas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.