Accidente grave do operario dunha orquestra en Bóveda

O home caiu dun camión desde unha altura de catro metros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/09/2019 | Actualizada ás 10:32

Comparte esta noticia

Un traballador dunha orquestra resultou ferido na madrugada deste luns despois de caer dun camión desde unha altura de catro metros en Bóveda (Lugo). Foi trasladado ao Hospital de Monforte.

Segundo informa o 112, os feitos sucederon nas proximidades da casa consistorial, sobre as 6,10 horas.

Nese momento, un particular contactou co 112 para informar do ocorrido e, nada máis ter constancia, requiriuse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e da Garda Civil.

Unha orquestra nunha actuación
Unha orquestra nunha actuación | Fonte: A.P.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta