Condenado a tres anos de cárcere por golpear cunha barra de ferro á dona dunha casa rural en Muros

Por E.P. | A CORUÑA | 24/09/2019 | Actualizada ás 14:42

Comparte esta noticia

A Sección Segunda da Audiencia Provincial da Coruña condenou a tres anos de cárcere, como autor dun delito de asasinato en grao de tentativa, a un home que golpeou cunha barra de ferro á propietaria dunha casa de turismo rural situada no partido xudicial de Muros, á beira da súa vivenda.

Segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), a Sala tivo en conta as atenuantes de dilacións indebidas, en relación a uns feitos que se remontan a 2007, e de alteración psíquica.

En concreto, a sentenza indica que as capacidades intelectivo-volitivas do imputado estaban "comprometidas moderadamente debido ao consumo de alcol combinado coas súas ideas deliroides de prexuízo".

No entanto, os xuíces consideran acreditado que o condenado actuou "con ánimo de atentar contra a vida" da afectada, tras unha discusión previa con ela e o seu marido, aos que vendera unha casa da súa propiedade e que eles destinaron para a actividade de turismo rural.

Os maxistrados tamén lle impuxeron a prohibición de residir no lugar no que sucederon os feitos, así como de achegarse á vítima, ao seu marido e aos seus fillos durante oito anos.

Xulgados.
Xulgados.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta