Galicia é a comunidade máis barata para facer a compra

Alcampo e Dani, as cadeas máis baratas para comprar e Sánchez Romero e Ulabox, as máis caras, segundo a OCU.

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 25/09/2019 | Actualizada ás 12:56

Comparte esta noticia

Galicia e Murcia son as comunidades máis baratas para facer a compra, mentres que Baleares e Cataluña son as máis caras. segundo un estudo da Organización de Consumidores e Usuarios (OCU).

Ademais, o hipermercado Alcampo de Coia en Vigo é o establecemento máis económico de España para facer a compra, segundo este informe. Unha familia española pode aforrar unha media de 1.063 euros ao ano na cesta da compra dependendo do establecemento no que compre, o que supón case a quinta parte do gasto anual en alimentación dun fogar medio.

Dani, Tifer e Alcampo sitúanse como as cadeas máis económicas. Tres establecementos de Sánchez Romero en Madrid (Castelló, Maurrás e Alcobendas) son os máis caros de España, seguidos polas cadeas Suma, Ulabox e Sorli Discau.

Segundo a OCU, as cidades onde máis barato resulta facer a compra son Almería, Ciudad Real, Jerez de la Frontera, Palencia, Puertollano, Vigo e Zamora. Pola contra, Palma de Mallorca e Barcelona son as máis caras xunto a Lleida e Madrid.

O informe, que analiza case 184.000 prezos dunha cesta de 244 produtos de 1.225 establecementos repartidos por todo 65 cidades españolas e Internet.

Froitas
Froitas | Fonte: EUROPA PRESS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta