"¿Quen é galego?"

Ramón Suárez, 'O Muxo', volvía criticar hai uns días, no programa radiofónico que ten en Bos Aires, a definición dos cidadáns galegos que o BNG fai na sua proposta de Estatuto. 'O Muxo' xa criticou duramente, pouco antes da visita de Emilio Pérez Touriño a Arxentina, a reforma da ley electoral plantexada polo conselleiro da Presidencia, José Luis Méndez Romeu... ¿QUEN É GALEGO? (PROGRAMA 07-05-2006)

Por Galicia Confidencial | Galicia | 13/05/2006 | Actualizada ás 09:31

Comparte esta noticia

(PROGRAMA 07-05-2006)

'O Muxo' reflexionaba o pasado 7 de maio sobre "¿QUEN É GALEGO?" e dicía:

"Dous meses atrás, o conselleiro de Presidencia da Xunta de Galicia, Méndez Romeu, dicía: "cidadáns de Galicia son os que tributan impostos dentro da comunidade". Agora, no proxecto de estatuto do Bloque Nacionalista Galego (BNG), establécese no artigo 4.

1. Son cidadáns e cidadás de Galiza todas as persoas con veciñanza administrativa nalgún dos concellos galegos.

2. Unha lei do parlamento de Galiza regulará os procedementos de adquisición, conservación e perda da cidadanía galega, que deberá ter en conta a situación de todas as persoas residentes fóra de Galiza, que dispuxeran da súa última veciñanza en territorio galego, e a da súa descendencia.

Eu négome rotundamente a aceptar que unha lei do parlamento regule a miña condición de galego. Eu son galego por algo tan sinxelo como é, haber nacido na Terra, e debo ter absolutamente todos os dereitos, políticos e non políticos, que teñan os irmáns que viven nos concellos galegos, pagando, ou non pagando tributos.

O Estatuto de BÓVEDA, CASTELAO e os outros GALEGUISTAS, consideraba galegos, aos que o foran por natureza e aos que gañasen vecindade na Rexión.

Esta necidade de Méndez Romeu e do BNG, dita, como se escoita moitas veces en conversas informais, non merecería de min, nin sequera un mínimo comentario, por aquilo de non gastar enerxías en cousas inconducentes, pero aquí a cousa é distinta. Méndez Romeu é nada menos que conselleiro de Presidencia do goberno e, o BNG é a terceira forza política galega, cogobernando hoxe co PSOE, a nosa Autonomía.

Agora ben, mentres o ministro de Traballo de España confirmaba hai uns días en Uruguay, que a única forma de obter a nacionalidade española, os netos maiores, é, despois de residir un ano en España. A diputada polo BNG, Olaia Fernández Dávila, pide no Congreso que se lle recoñeza a fillos e netos de emigrantes a "cidadanía plena", polo que, de prosperar o seu proxecto e o aberrante estatuto que propón a súa formación política, teriamos unha condición de individuos que considerabamos extinguida , os que ante a pregunta ¿es usted gallego?, repondían: soy español. Claro que antes era por vergonza e ignorancia propias, hoxe seríao por ignorancia e vergonza alleas, xa que nos pasaportes, acreditaríase que somos españois, pero non seriamos galegos. Pobres descastados que pensan que a patria lévase na sola dos zapatos.

Non vou relacionar hoxe, as aportacións culturais e económicas, que fixo e segue facendo a Galicia, a emigración, arquicoñecidas por todos "os bos e xenerosos". Só direi que, co espírito deste desatinado estatuto, Pablo Iglesias, Ferrol 1850-Madrid 1925; Manuel Curros Enriquez, Celanova 1851-La Habana 1908; Wenceslao Fernández Flores, A Coruña 1879-Madrid 1964; Castelao, Rianxo1886-Buenos Aires 1950; Ramón Suárez Picallo, Sada 1894-Buenos Aires 1964; Tacholas, Ourense 1909-Buenos Aires 1991; Lorenzo Varela, La Habana 1916-Madrid 1978. Todos, morreron non sendo galegos; ata o San Froilán, Patrón de Lugo, que naceu nesa provincia no ano 933 e, viviu moitos anos en Zamora e León, donde o colleu o pasamento. E tamén non eran galegos nas tempadas que viviron fóra da Terra, Rosalía e o seu esposo Murguía; Concepción Arenal; Eduardo Blanco Amor; Manuel Colmeiro; Laxeiro; Rafael Dieste; Manuel Lugrís Freire; Luis Seoane; Celso Emilio Ferreiro; Antón Avilés de Taramancos e tantos outros, e finalmente non eran galegos, os que propiciaron a creación da Academia Galega; da bandeira branca e azul e do noso Himno, pois tales fitos foron artellados en Cuba.

Coma colofón, e ao xeito de Castelao, pídolle a Deus ou a quen corresponda, nos libren destes "oradores e xuristas que só aprenderon a ciencia dos libros"."

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 22 comentarios

2 Dido

Por qué hay tanta hipocresía en esta historia? Resulta que pueden votar gallegos que viven en argentina, venezuela o cuba, pero no quienes viven en zamora, león o madrid. Resulta que quien paga los impuestos en galicia pueden ser cubanos, argentinos y venezolanos, que incrementan la riqueza de Galicia, pero no pueden votar, por no tener la nacionalidad. Una cosa es mantener los lazos con la emigración, y otra llevar las cosas al absurdo. Desde luego Mendez Romeu, dijo lo que muchos pensamos, y eso no significa ir contra los emigrantes. Es confundir churras con merinas. Respecto al anterior post, pues hombre, hablar la misma lengua, pues como que no; lo siento, por esa regla de tres, todos hablamos lenguas romances, así que casi que no.

1 pendencias

Ben, é respeitabel. Ora, eu négome a que nas elecións ao parlamento de Galiza, mesmo ao meu Concelho, poidan votar persoas que, vivendo e contribuindo noutro estado, van xa na terceira ou cuarta xeración alá...Resulta absurdo. Daquela, tambén nós galegos poderiamos votar nas eleccións irlandesas (eles son os filhos de Ith, galego), nalgúns lander alemas (polos suevos) e portuguesas (Portugal como estado e populazón é unha cisón da Galiza, tampouco hai tantas xeracións, e ainda falamos a mesma língua...