Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/09/2019 | Actualizada ás 17:43
O festival compostelán Curtocircuito homenaxeará este domingo ao cineasta Euloxio R. Rubial e ao Equipo Lupa, pioneiros do cinema amateur en Galicia na década do setenta. Será a partir das 25,15 horas no Teatro Principal de Santiago, cun programa marcado polo carácter documental que acollerá a proxección de pezas como A Rapa das Bestas (1972),
A rapa das bestas (1972), filmada en Candaoso (Viveiro); O Corpiño(1973), rexistro da popular romaría; Peliqueiros (1973), ao redor do Antroido de Laza; O edificio Castromil (1975), na que se verán integramente, de maneira pública, en pantalla grande e despois de máis de corenta anos as imaxes do derrube do emblemático edificio compostelán no ano 1975; e Holocausto (1972), a única ficción.
A preservación da historia e o patrimonio audiovisual galego serán temas centrais nesta sesión, que contará coa presenza do propio Euloxio R. Ruibal; de Julio Vilariño, en representación do Cineclube de Compostela; de Mercedes Rosón, concelleiro de Urbanismo; e de Pela del Álamo, director de Curtocircuito.
Previamente, Curtocircuíto arrincará este domingo coas proxeccións da súa competición oficial. Concretamente, ás 18,30 horas, o Teatro Principal da cidade acollerá o pase de varios films de 'Radar', 'Como Fernando Pessoa salvou Portugal', de Eugene Green; 'The Boogeywoman', de Erica Scoggins; 'Fuck you', de Anette Sidor; e 'Levittown', de Nelson Bourrec Carter, que estará presentada polo propio cineasta.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.