O alcalde das Pontes pide a incorporación de Galicia ao fondo de descarbonización da UE

"Son fondos cuantiosos e que poden ser un soporte importante na reactivación industrial da nosa comarca", di.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 03/10/2019 | Actualizada ás 17:22

Comparte esta noticia

O alcalde das Pontes e presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, reclamou a incorporación de Galicia ao fondo de descarbonización que prepara a Unión Europea. Así o trasladou nunha reunión que mantido, en Bruxelas, coa directora xeral da Enerxía da Unión Europea, Ditte Juul Jorgensen. Nela, estivo acompañado polo eurodeputado socialista Nicolás González Casares.

O alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, reúnese coa directora xeral da Enerxía da Unión Europea, Ditte Juul Jorgensen. CEDIDA
O alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, reúnese coa directora xeral da Enerxía da Unión Europea, Ditte Juul Jorgensen. CEDIDA | Fonte: Europa Press

Sobre o encontro, o alcalde das Pontes trasladou, ao termo do mesmo, que expuxo o malestar pola modificación no mercado de dereitos de emisión de CO2, "que provocará a saída do mercado das centrais térmicas que decidiron apostar polo medio ambiente e adaptarse á directiva europea de emisións industriais".

Ademais, expuxo que solicitaron a incorporación de Galicia ao fondo de descarbonización de rexións carboníferas. "Son fondos cuantiosos e que poden ser un soporte importante na reactivación industrial da nosa comarca", apostilou.

No encontro, expuxo tamén a redución na central das Pontes da presenza do carbón e a súa substitución por outros combustibles renovables para garantir o futuro da instalación, algo que, segundo Formoso, "entra dentro da filosofía das liñas estratéxicas da Unión Europea".

Formoso cualificou de "moi positiva" a reunión, aínda que a acolleu con "cautela", sobre todo polo feito de que aínda estea en proceso o deseño do fondo de descarbonización, do que dixo que o obxectivo sería que permitiría a utilización dos seus recursos para a transformación da central das Pontes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta