Rajoy: "O nacionalista cre que o sitio onde el naceu é o mellor do mundo"

O expresidente di sobre os independentistas cataláns que o "inimigo" para eles é "España, a lei e a Constitución". O tamén exmandatario Felipe González considera que "hai un certo fracaso da política" cando "todos" están pendentes do que decida Marchena e o Supremo.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 04/10/2019 | Actualizada ás 16:06

Comparte esta noticia

O expresidente do Goberno de España, Mariano Rajoy, referiuse ao conflito independentista catalán ao asegurar que o "inimigo dalgúns era España, a lei e a Constitución". Rajoy pronunciouse deste xeito durante o debate mantido este xoves co que tamén fora presidente do goberno, o socialista Felipe González, no 'Foro La Toja. Vínculo Atlántico', que se celebra na Illa da Toxa.

Os expresidentes de Goberno Mariano Rajoy (i) e Felipe González (d) manteñen unha conversa sobre as ?Tres miradas sobre España? moderada pola avogada especialista en dereito da Unión Europea, Míriam González, durante a segunda xornada do For. Beatriz Ciscar - Europa Press
Os expresidentes de Goberno Mariano Rajoy (i) e Felipe González (d) manteñen unha conversa sobre as ?Tres miradas sobre España? moderada pola avogada especialista en dereito da Unión Europea, Míriam González, durante a segunda xornada do For. Beatriz Ciscar - Europa Press | Fonte: Europa Press

Neste escenario, Rajoy considerou que "non só en España, senón en xeral, en todo o mundo" están a xurdir "nacionalismos populistas". "O nacionalista crese que o sitio onde el naceu é o mellor do mundo", sinalou o expresidente, que indicou que, "entón, calquera limitación que se produza, moléstalles".

Entre elas, citou a emigración, o libre comercio, o multilateralismo e destacou o brexit como "o caso máis paradigmático". "Consideran que marchando de aquí se van aforrar un porrón de libras esterlinas, que xa non vai haber ningún emigrante, que a Unión Europea é o seu inimigo...", manifestou.

"E aquí, en España, o inimigo dalgúns era España... tiñan que buscar o seu inimigo, que era España, e a lei e a Constitución", censurou.

Ademais, referiuse ásituación actual en Cataluña para asegurar que "non é a primeira vez que se producen acontecementos indesexables" e incidiu en que sempre o argumento é "un sentimento". "É moi difícil discutir contra un sentimento", apuntou.

Con todo, asegurou que cando se produce unha "colisión entre sentimentos" o que hai "é a lei", que "é o que ordena a convivencia". Por tanto, cumprir a lei e as constitucións "é o que procede aplicar nos tempos nos que vivimos". "Non hai outra e está a ir a cousa, por máis problemas que poida haber agora coa sentenza, está a ir a mellor", considerou.

"OS SENTIMENTOS NON SON DEREITOS"

Tras a intervención de Rajoy, o socialista Felipe González definiu España como un país "plural nas ideas" e "diverso nos sentimentos de pertenza". Con todo, deixou claro que "os sentimentos, absolutamente respectables, non son dereitos".

Así, expresou que cando escoita a un nacionalista referirse a súa rexión como "nación" el está disposto a "aceptar" sempre que este "acepte" que "España é unha nación que nos afecta a todos e que, por tanto, o dereito a decidir é de todos".

Todo iso nunha intervención na que considerou que "hai un certo fracaso da política" cando todos "están pendentes do que decida" o xuíz Manuel Marchena e o Tribunal Supremo. "Non porque esteamos pendentes de se será ou non discutible de acordo a dereito, senón da dimensión política do que decidan", apuntou nun debate no que se referiu ao xuízo do 'procés' como "impecable".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 16 comentarios

1 uu1

É claro que Rajoi não léu a Castelao, que textualmente no Sempre em Galiza “e visto que non podemos decir que Galiza sexa a nación máis escelente de Hespaña, pero que é lícito traballar para que o sexa”. E tampouco lerão a constituição que “recoñece e garante o dereito á autonomía das NACIONALIDADES e rexións” e seguindo com Castelao “nós non vemos a distancia que vai dunha nación a unha nacionalidade”

1 Gamela

Castelao, se non estou equivocado, falaba dun soño, a Federación Ibérica dos pobos da Península pero por máis que o Debate da Toxa poda non gustar a todo o mundo, a mín avergóñame coma galego o tuit do candidato da UPG pola Coruña : vos pensades que este individuo está ben da cabeza cando a súa máxima intervención sobre o debate da Toxa limítase a isto? https://twitter.com/NestorRego/stat... Sinto vergoña allea e insisto que o mellor que podería facer a UPG é DISOLVERSE !!!

2 Mugueimes

Néstor Rego escreveu: "Foro de Indecentes e impresentábeis que, para alén de viren á Galiza defender o rexime que nos oprime e pregoar as virtudes do neoliberalismo, nin sequera respectan a nosa toponimia". Qual parte não gosta Gamela? A indecência? O regime, a opressão, a propaganda do neoliberalismo? Ou será lembrar o topónimo deturpado? E digo, estupendo Gamela, os amigos da Gloria Lago Hablemos Español não sentis vergonha própria? E não, nem são devoto da U nem voto pelo Néstor, mas tanta fixação ou mal dissimulado ódio racial já fede!

3 Gamela

Mugueimes o "amigo" de Gloria (?) entende que un representante de Galicia debera ter máis altura nos seus tuits, o rexime que oprime lle dá de comer, e mesmo lle permite chegar a ser aforado... O neoliberalismo de Rajoy e González non é siquera o 10% do que exercen os Fondos Buitre de Capitais Internacionais que desembarcan en Galicia día sí e día tamén... E non vexo á UPG dar solución algunha a esta problemática: agás constituir unha © Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas ! Será iso o que me parece INDECENTE? Será...

4 uu1

Para que Gamela estea un pouco mais informado sobre Castelao recoméndolle ler o libro Sempre en Galiza ”Non temos ningunha fe nos hespañoes; pero témola en nós mesmos e nas ideias que profesamos. Estas ideias poden concretarse nos catro principios siguentes: A. Autonomía integral de Galiza para federarse cos demais pobos de Hespaña. B. República Federal Hespañola para confederarse con Portugal. C. Confederación Ibérica para ingresar na Unión Europea. D. Estados Unidos de Europa para constituír a Unión Mundial.” Mas eu non vexo a relación do meu comentario ou de Castelao coa UPG, e volvendo a citar a Castelao “EU VIVO EN LATITUDES MOI DISTANTES DO COMUNISMO”

5 Gamela

A relación consiste precisamente en que a UPG entendeu o Sempre en Galiza á súa maneira (e fixo da obra de Castelao a súa Biblia particular!) esa era a única intención do meu comentario! Gracias por explicar con claridade meridiana o ideas de Castelao! Que nada teñen que ver co proxecto Agora Repúblicas que suscribe o BNG-UPG de hoxendía! http://www.galiciaconfidencial.com/...

6 Buceta

Gamela, di que Rajoy e Gonzalez só representan o 10% do capitalismo salvaxe, os empresarios amigos, os monopolios, do Ibex, as portas xiratorias, as Sicavs, os fondos de capital risco, as multinacionais, o escravismo, os mercaderes e a explotación? Son só a puntiña do mal!!! Por iso van agarrados no foro dos Amancios, co patrocinio de preclaras empresas sociais!!! Así que nun 90%, segundo o ilustrísima Gamela, son socialistas, colectivistas, estatalistas? Ou, se cadra, dinse socialdemócratas para explotarnos con amor? Por outra banda, xa sabemos das túas coincidencias coa Gloria do Metílico, disimula mellor... E si, o mundo deu voltas desde a creación da UPG, que hoxe son ideas trasnoitadas, para que veñades agora a recrearse cun texto de Castelao de épocas pretéritas como o libro sagrado, no lugar de reformular a idea de esquerda e de nación para o século XXI.

7 Gamela

Buceta >>> a primeira parte do teu comentario pode que leves RAZÓN (non digo que non) (?) pero se escoitaches o Foro da Toxa en TVG2 verías como os dous expresidentes Rajoy e González recoñecían ámbolos dous que a posición de España no concerto do mundo globalizado era tan escaso que apenas tiñamos nada que dicir (agás que este é un pais con boa calidade de VIDA! educación e sanidade pública, 14 millóns de pensionistas dalgún tipo, e certa solidariedade social que nos fai "resilientes" respecto doutros países veciños -Francia, Italia, etc.-) Algo de razón penso que levan, aínda que todos sabemos que hai moito que mellorar no reparto dos benecios sociais !

8 Gamela

Buceta >>> cont. > Respecto á "idea de esquerda e de nación para o século XXI" é precisamente o que máis me amola: ver como esta "esqueda" que temos o único que fai ben é VIVIR DAS INSTITUCIÓNS e retuitear arreo estupideces que na vida terán o número de votos suficientes como para chegar a un Goberno! E mesmo no caso de chegar a gobernar, sospeito que algúns o único que farían é DAR DE COMER aos seus amigos de "nación" sen ocuparse en absoluto dos problemas do COMÚN (?) Esto último só é cuestión de repasar os últimos 12 anos en Vigo e mirar como a "socialdemocracia" dá de comer aos seus sen importarlle un pito os excluídos do sistema! Amén.