Crise en Compromiso por Galicia tras o pacto electoral co BNG

Pediron a baixa o ex secretario xeral, Xoán Bascoas, ou a ex alcaldesa de Muros. Tamén todos os militantes das agrupacións de Samos e O Páramo, así como moitos da área de Santiago. Críticas polo apoio do pacto co Bloque dun ex candidato de Vox e Ciudadanos, agora na dirección de CxG. "Non ten a Franco tatuado no brazo", ironiza Piñeiro.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 08/10/2019 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

O acordo acadado entre a actual Executiva de Compromiso por Galicia (CxG), co seu secretario xeral, Juan Carlos Piñeiro, á cabeza, e a dirección do BNG, provocou unha gran fractura desta formación galeguista. Os principais motivos están na decisión de non informar á militancia e ao Consello Nacional desta decisión pero, sobre todo, polas formas “escuras” nas que se produciu e pola viraxe ideolóxica cara a dereita deste partido.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e o secretario xeral de Compromiso por Galicia, Juan Carlos Piñeiro
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e o secretario xeral de Compromiso por Galicia, Juan Carlos Piñeiro | Fonte: EP

Entre as baixas están as do seu ex secretario xeral e un dos fundadores de CxG, Xoán Bascuas, así como a da ex alcaldesa de Muros, María Xosé Alfonso. Tamén marchan varios concelleiros de toda Galicia e toda a agrupación de Samos e O Páramo, así como case a totalidade da de Sarria. As baixas tamén son numerosas na área de Santiago, o que obrigará a dirección a nomear xestoras ou a elixir novas direccións locais.

Con todo, Juan Carlos Piñeiro, en declaracións a Galicia Confidencial, minimiza esta crise  e asegura que “só pediron a baixa unhas 20 persoas”. “Un número moi pequeno se se ten en conta que temos 400 afiliados”, asegura. 

"INTERESES ESCUROS"

Entre as persoas que marchan a visión é diferente. Critican as formas da nova dirección e, especialmente, a súa “dereitización” e non entenden como o BNG puido chegar a un acordo cunha formación que ten unha deriva “perigosa” cara “á dereita máis rancia”. Por iso, non dubidan da existencia de “intereses escuros” ou “promesas da dirección do Bloque para colocar” a determinados dirixentes de CxG e consumar, así, a súa disolución dentro das siglas do BNG.

Poñen como exemplo o caso de José Luis Calo, que primeiro militou en Ciudadanos en Ames e no 2016 presentouse pola ultradereitista Vox na provincia da Coruña. “E agora está na Executiva de CxG e, ademais, aplaude o pacto co BNG”, apuntan.

“Eu son un demócrata e non miro de onde ven a xente. Non é un corrupto, non roubou e está en CxG porque acepta o noso ideario galeguista. Se non o aceptaba, non estaría con nós”, respondeu Piñeiro a estas declaracións. “Aquín non vemos de onde ven, senón cara onde vai e as persoas evolucionan”, suliña ao lembrar que el mesmo foi concelleiro co PSOE. “Eu veño do ámbito de UGT e hai presidentes de comités de empresa deste sindicato que son concelleiros do PP”, afirmou.

“El deume as súas razóns persoais e as súas explicacións convencéronme e por iso está na miña Executiva”, indicou. “Igual agora ten valor dobre que acepte o ideario galeguista”, engadiu. Ademais criticou a aqueles que o poñen na diana. “A min paréceme que é moito más demócrata un que ven de Vox que outro que marcha dun partido Porque perde unhas eleccións internas”, engadiu.

E sobre a súa anterior militancia quixo ir máis alá: “Non leva unha tatuaxe de Franco no brazo e non foi un activo dirixente de Vox... Obviamente se estivera berrando 'Una España grande y libre' pois non estaría na Executiva de Compromiso”, indicou.

PNV

Preguntado se o acordo co BNG pode afectar o pacto que existe co PNV, Piñeiro tamén foi contundente e asegurou que “eles mesmos aplaudiron o acordo”. “Non fai falla que diga a distancia ideolóxica que temos co Bloque pero tamén eles entenderon que había que chegar a este acordo polo ben do país”, concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 39 comentarios

25 Gaiker

Estas cousas nunca saen no Sermóns Paliza do comisario político Mejuto.

1 Bendito Chiringuito

A UPG quitou ao Mexuto e puxo á Obelleiro de Arcade. Actualízate! Igual o Mexuto, con pasado en La Coz, disfrutou do nomeamento polo BNG no consello de administración da CRTVG, onde antes había un Obelleiro. Tira do fío. Resumindo: na UPG-BNG hai un sistema caciquil igual que o do PPsoE. Por iso captan agora a CxG, pola mamadurria! E os votantes a servir e tapar o negocio da UPG!

24 Antonio Darriba

A crise de Compromiso parte da súa Asemblea xeral, non do acordo co BNG. Que haxa que agora aproveite isto para facer dano a Compromiso, ao BNG, ou axudar a Podemos, Más País e Psoe xa é outra cousa.

23 Iñaki

Los proyectos no funcionan si las personas no son las adecuadas. En mi opinión, vivo en Galiza pero no soy gallego, yo no conocía este partido, y me parece innecesario el queme del BNG para acoger a esta gente. Esto no le aporta nada bueno al Bloque

22 Desbloqueado

Recentemente CxG celebrou un congreso nacional no que renunciou á socialdemocracia e ao dereito de autodeterminación para adoptar uns piares ideolóxicos neoliberais, ultraconservadores e decididamente autonomistas. É esta a ideoloxía que queren introducir os "comunistas" da U no BnG? Vale todo con tal de vender o discurso da "casa común" do nacionalismo? Noxento.

1 Rubal aba

Aprobaron isso? pois agora apoiam o documento que lhes apresentou o BNG e fala de autodeterminaçom, e assinaro.no. Está publicado

2 Breixo

Es que igualtedigounacosa te digolaotraaa...fan como din os gorrillas. Vaia fenómenos veñen aí, eu quero velos nos mitíns.

3 Xoancinho 185

Noxento é non ter nin put.... idea e falar.....ou saber e botar merda. Desde logo o nacionalismo galego non aprende. Cando pensaremos en clave país???

21 Roxelio

No BNG ten que haber (e hai) sitio pra todos pero coidado co que entra que logo montan un Amio e volta a vaca ó millo... Ogalla os desencantados das mareas, podemos, anovas, ages, etcs voltaran ou se uniran ó Bloque, Galiza precisa dunha fronte de unidade nacional máis que nunca.

1 Casimiro

No BNG hai sitio para os de Vox? Non abonda con venderse ao PsoEspañol do 135 e 155, dos presos políticos e do Gal, do franquismo xudicial e no exército, da igrexa e dos borbóns, da OTAN e da Cia, dos oligopolios de das portas xiratorias, da corrupción sistémica, do Paco Vázquez, Orozco, Liñares, Besteiro, Pachi, Caballero, Carmela, da alcaldesa do Porriño (a que financia ao xuíz que a xulga).... Agora barra libre para Ciudadanos e até Vox! Tragadeiras como as da UPG, ningunhas!

2 Bernal Calvo Delaciga

Mareas, podemos, anovas, ages... Outro bloqueiro que non dá superado o Trauma de Amio e soña con voltar ao seu "idílico" panorama político anterior: PPdeG e PSdeG repartíndose o poder autonómico colonial e un BNG conformándose coas migallas, o suficiente para manter a súa chiringuitada de liberados. Alguén lles poderá explicar dunha vez por todas que non se pode dar marcha atrás no tempo? Para alén de ser imposíbel, é reaccionario.