Crise en Compromiso por Galicia tras o pacto electoral co BNG

Pediron a baixa o ex secretario xeral, Xoán Bascoas, ou a ex alcaldesa de Muros. Tamén todos os militantes das agrupacións de Samos e O Páramo, así como moitos da área de Santiago. Críticas polo apoio do pacto co Bloque dun ex candidato de Vox e Ciudadanos, agora na dirección de CxG. "Non ten a Franco tatuado no brazo", ironiza Piñeiro.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 08/10/2019 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

O acordo acadado entre a actual Executiva de Compromiso por Galicia (CxG), co seu secretario xeral, Juan Carlos Piñeiro, á cabeza, e a dirección do BNG, provocou unha gran fractura desta formación galeguista. Os principais motivos están na decisión de non informar á militancia e ao Consello Nacional desta decisión pero, sobre todo, polas formas “escuras” nas que se produciu e pola viraxe ideolóxica cara a dereita deste partido.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e o secretario xeral de Compromiso por Galicia, Juan Carlos Piñeiro
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e o secretario xeral de Compromiso por Galicia, Juan Carlos Piñeiro | Fonte: EP

Entre as baixas están as do seu ex secretario xeral e un dos fundadores de CxG, Xoán Bascuas, así como a da ex alcaldesa de Muros, María Xosé Alfonso. Tamén marchan varios concelleiros de toda Galicia e toda a agrupación de Samos e O Páramo, así como case a totalidade da de Sarria. As baixas tamén son numerosas na área de Santiago, o que obrigará a dirección a nomear xestoras ou a elixir novas direccións locais.

Con todo, Juan Carlos Piñeiro, en declaracións a Galicia Confidencial, minimiza esta crise  e asegura que “só pediron a baixa unhas 20 persoas”. “Un número moi pequeno se se ten en conta que temos 400 afiliados”, asegura. 

"INTERESES ESCUROS"

Entre as persoas que marchan a visión é diferente. Critican as formas da nova dirección e, especialmente, a súa “dereitización” e non entenden como o BNG puido chegar a un acordo cunha formación que ten unha deriva “perigosa” cara “á dereita máis rancia”. Por iso, non dubidan da existencia de “intereses escuros” ou “promesas da dirección do Bloque para colocar” a determinados dirixentes de CxG e consumar, así, a súa disolución dentro das siglas do BNG.

Poñen como exemplo o caso de José Luis Calo, que primeiro militou en Ciudadanos en Ames e no 2016 presentouse pola ultradereitista Vox na provincia da Coruña. “E agora está na Executiva de CxG e, ademais, aplaude o pacto co BNG”, apuntan.

“Eu son un demócrata e non miro de onde ven a xente. Non é un corrupto, non roubou e está en CxG porque acepta o noso ideario galeguista. Se non o aceptaba, non estaría con nós”, respondeu Piñeiro a estas declaracións. “Aquín non vemos de onde ven, senón cara onde vai e as persoas evolucionan”, suliña ao lembrar que el mesmo foi concelleiro co PSOE. “Eu veño do ámbito de UGT e hai presidentes de comités de empresa deste sindicato que son concelleiros do PP”, afirmou.

“El deume as súas razóns persoais e as súas explicacións convencéronme e por iso está na miña Executiva”, indicou. “Igual agora ten valor dobre que acepte o ideario galeguista”, engadiu. Ademais criticou a aqueles que o poñen na diana. “A min paréceme que é moito más demócrata un que ven de Vox que outro que marcha dun partido Porque perde unhas eleccións internas”, engadiu.

E sobre a súa anterior militancia quixo ir máis alá: “Non leva unha tatuaxe de Franco no brazo e non foi un activo dirixente de Vox... Obviamente se estivera berrando 'Una España grande y libre' pois non estaría na Executiva de Compromiso”, indicou.

PNV

Preguntado se o acordo co BNG pode afectar o pacto que existe co PNV, Piñeiro tamén foi contundente e asegurou que “eles mesmos aplaudiron o acordo”. “Non fai falla que diga a distancia ideolóxica que temos co Bloque pero tamén eles entenderon que había que chegar a este acordo polo ben do país”, concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 39 comentarios

15 urco

pois mui bem. um partido galeguista e outro nacionalista fam fronte comum numhas eleiçons cheirentas de espanholismo. proera-lhe a quem nom goste de q a Galiza tenha voz de seu em espanha. o resto cortinas de fume.

14 Louzara

que boa nova en xeral, en particular para Compromiso. por fin se vai o Bascuas, que levaba 5 anos cargandose a todo o que valía. Perez Bouza, Táboas, Monteagudo ... ningún apostou por el. non se fala con Piñeiro, non se fala con Cuiña. agora Cxg vai ir cara adiante con decisións de valor para Galiza. leva consigo a catro de samos que veñen do Pp vaia cheiro. eu votarei BNg por este acordo

13 Ortugueira

Ben por este acordo, ben a CxG e BNG por pensar en Galicia... O resto pois amargados e perdedores. Multiplicar para Galicia é o correcto. E si os de Vox escapan para unha opción democrata iso é moi bo, os comentarios contrarios son cobardes. Viva Galicia.

12 Adiante Galicia!!!

Só sabedes criticar e criticar.....non vexo nada constructivo. E eso é a razon pola que o nacionalismo está asi. O nacionalismo galego está mal pola nosa propia culpa, liortas, diretes, guerra de bandas latinas.....Así Feijoo ten a campaña feita sen mover un dedo. CxG apoia a BNG pq mais vale q Galicia teña representacion. Fin de la historia, sen mais voltas que darlle!!!. Bravo e Bravo, todo o meu apoio.

1 arredista

Vence, que non militaba na autoproclamada "comunista" UPG, achegou o BNG ás posicións da esquerda soberanista. Pontón, Lobeira, Cela..., que si militan na autoproclamada "comunista" UPG, achegan agora o BNG ás posicións da dereita autonomista. Moi ben. Velaquí a crítica construtiva.

2 Harry_GZ

En resposta a arredista dicir que non sei de onde saca que o BNG achégase a posicións da dereita autonomista cando vai a concorrer ás eleccións co mesmo programa que nas anteriores. Eu vexo que é CxG o que apoia ao BNG conscientes da situación de emerxencia nacional sin sa ar nada a cambio. Outros prefiren negociar sillóns e si non os teñen garantidos prefiren ficar na casa.

11 Requila

Está claro que o BNG meteu a pata com o notas este. Disque nom apressenta contas...esse projecto que presumia de portas de cristal...O dinheiro é muito importante, e se é da filiaçom muito mais cuidado há que ter com ele. Acusá-o de rouvar o dinheiro dos filiados, em comidas e viagens que nom som necesarios....hoje saltou o poço negro de Compromisso. Ainda tinham históras. DEP