Por Europa Press / Redacción | BARCELONA | 11/10/2019 | Actualizada ás 15:35
O director de cinema Oliver Laxe conquista a gran pantalla coa estrea este venres nos cinemas españois da súa terceira longametraxe, 'O que arde', un drama ambientado na Galicia rural no que se enfronta á proeza técnica de situar unha cámara no medio das chamas dun incendio.
Tras facerse co premio do xurado na sección 'Un certain regard' do Festival Internacional de Cinema de Cannes, o filme chega a España con boas sensacións e unha boa acollida por parte do público, que está a levar a película a outra dimensión, explicou Laxe.
No marco da estrea do filme distribuído por Numax nos Cinemas Verdi de Barcelona este xoves, Laxe (París, 1982) celebra que a película funcionou moi ben con público de todo o mundo, aínda que en España a recepción é máis especial: "Tocamos algo moi esencial do público".
Algo relacionado con ecos da tradición, o campo, a familia e a liñaxe, observa o director, que defende que "hai moito amor nesta película, e iso nótase nas imaxes".
De feito, o produtor da película, Xavi Font, destaca a experiencia de participar nunha película "feita con moito amor e moita dor tamén".
Font, compositor catalán con orixe en Bellpuig (Lleida) fincado en Galicia, subliña "como as dúas cousas cando se fan con compromiso significan un crecemento grande como persoa e tamén como cineasta".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.