A sentenza do procés altera e entra de cheo na axenda política galega

Partidos estatais como Podemos, Más País e nacionalistas como En Marea e BNG coinciden en buscar solucións políticas e diálogo, o Grupo Común da Esquerda vai máis alá e pide o indulto, e o PP e o PSOE que asuman as súas responsabilidades. A patronal galega mostra o seu "respecto" pola sentenza.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/10/2019 | Actualizada ás 14:16

Comparte esta noticia

O procés entrou, sen querelo, na axenda política de Galicia e, iso, que todos eles non o tiña como tema prioritario nas súas comparecencias deste luns. Pero, é o bombazo informativo da xornada, a pesar de que parte da sentenza xa era coñecida desde o pasado sábado e, por iso, trastocou os temas e as prioridades dos políticos galegos.

Sentenza do xuízo do Procés cos líderes independentistas de Cataluña xulgados
Sentenza do xuízo do Procés cos líderes independentistas de Cataluña xulgados | Fonte: EP

E na valoración houbo diversidade de opinións. Só un partido, o Grupo Común da Esquerda, no que están Podemos, Esquerda Unida e a nacionalista Anova, foi máis alá nas súas manifestacións e pediu abertamente o indulto para os políticos procesados. A voceira desta formación, Luca Chao, falou primeiro de "dialogar" e "buscar solucións políticas" para, finalmente, recoñecer que o indulto é unha posibilidade que está aí e que habería que utilizar.

O BNG EVITA FALAR DE INDULTO 

Máis comedida foi Ana Pontón, a líder do BNG, quen evitou falar de indulto, como si defenden outros dirixentes nacionalistas de Cataluña e Euskadi. "A solución ten que ser política e, por iso, ten que imperar o diálogo", suliñou. Con todo, criticou que a sentenza "xa estivera escrita antes de comezar" o xuízo e calificouna de "inxusta e desproporcionada".

Neste sentido, criticou a "involución democrática" e a perda de "dereitos e liberdades", así como a imposibilidade de que as nacionalidades e pobos do Estado "teñan voz propia". Por iso, pediu unha rectificación política ao novo goberno que saia das urnas porque, insistiu, "a vía de solución é política". Con todo, e preguntada se o BNG condicionará o apoio a un novo goberno a esta cuestión, foi moito máis cauta. "Iso xa se verá, aínda non o temos falado na Executiva", contestou.

PSdG: "CUMPLIR O MARCO CONSTITUCIONAL"

A mesma postura que básicamente mantivo Pontón de solucións políticas, foi a que tiveron outros dirixentes políticos, como o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, o deputado de En Marea, Pancho Casal, ou a candidata de Más País pola Coruña, Carolina Bescansa.

O líder socialista dixo que os responsables políticos cataláns xulgados "teñen que respectar a sentenza", tamén apostou pola vía do diálogo, aínda que destacou, "este non vai dar resultado nun día, nun mes e nun ano",  aludindo a dificultade de atopar unha solución política ao conflicto catalán.

Caballero destacou que "non se pode estar fóra do Estado" e que aqueles que non respectan os marcos da política estatal "están fóra da lei". Por iso, considerou lóxico a sentenza e instou aos partidos independentistas a "cumplir o marco constitucional" e respectar as "leis". Con todo, quixo aclarar que, ademais das vías xudiciais, están as vías políticas e que "o que hai que facer entre todos é dialogar".

EN MAREA E ANOVA, CONTRA AS CRIMINALIZACIÓNS

Así, Casal dixo que a setentenza non vai solucionar os problemas existentes en Cataluña. "As ansias democráticas dun país non se poden resolver nos tribunais, teñen que resolverse por medios políticos", sinalou ao suliñar que En Marea nunca cambiou a súa postura desde o inicio do conflito. "Non se pode criminalizar a opinión de toda unha cidadanía", dixo en alusión ao referendo independentista.

Tamén Anova, a través dun comunicado, afirma que o Estado español "queda en evidencia" cunha sentenza que consideran "un novo intento de pechar de forma autoritaria a crise do Réxime de 78, intensificando a represión contra os movementos que defenden o dereito a decidir e contra a xente do común que denuncia políticas neoliberais".

Pola súa banda, Carolina Bescansa apelou este domingo a ter "altura de miras" e dixo que a crise política catalá non a teñen que resolver os xulgados senón que a teñen que resolver os políticos". "Lamentablemente levamos moito tempo vendo como os políticos forman parte do problema e non da solución", engadiu a socióloga santiaguesa, que confía en que as "bases" das organizacións "acaben achegando un pouco máis de sentido común á vida política española".

PPdeG: "QUEN AS FAI, QUE AS PAGUE"

Pola súa banda, os populares foron os que máis aplaudiron a sentenza. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, foi o máis contundente nas súas declaracións e suliñou que "os políticos non poden quedar impunes á lei" e que os presidentes das comunidades autónomas, os vicepresidentes, os conselleiros e os presidentes dos Parlamentos autonómicos, "se delinquen, son condenados». "Se un político a fai, que a pague porque non ten máis dereitos que un cidadán", dixo.

Na mesma liña se manifestou o portavoz adxunto do PP no Senado, o lucense José Manuel Barreiro. "Os políticos o que temos que facer é non valorar as sentenzas, dixo. Unha opinión moi semellante ao do voceiro parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, que suliñou que "quen vai contra a lei ten que asumir as súas responsabilidades".

PATRONAL

A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) mostrou o seu "respecto total e absoluto" aos tribunais e institucións do Estado ante a sentenza.

A patronal galega asegura que a democracia e o principio de legalidade son inseparables, polo que "o marco constitucional debe ser o ámbito no que se desenvolva a normalidade política e económica dentro do Estado de Dereito"

Por último, os empresarios galegos confiaron en que, tras esta decisión xudicial, se abra en España unha nova etapa de estabilidade democrática.

MOBILIZACIÓNS

A sentenza do procés mobilizou á Plataforma Galiza con Catalunya que este luns convocou varias concentracións nas que se agarda a participación de formacións independentistas con Ceivar, Axir, Briga ou Nós-UP e outras nacionalistas como Anova e FPG (no Grupo Común da Esquerda), o BNG ou Cerna (en En Marea). As mobilizacións serán ás 20,00 horas en Santiago, Pontevedra, A Coruña, Lugo, Vigo, Ferrol, Ourense, Burela e Redondela.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 49 comentarios

16 Gamela

Mentres medio mundo (Pérez-Lema incluído!) http://www.galiciaconfidencial.com/... andan a derramar tinta abondo sobre a Sentenza, aquí tedes a Vía Oriol Pujol para sair do cárcere ante de que cante un galo ! https://www.elmundo.es/espana/2019/... Sen falar siquera dos privilexios dos presos de LLedoners! Agora resultará que esta é a sentenza máis bárbara do mundo mundial (100 anos que encheron as rúas de Barcelona dunha xusta reacción popular, etc. etc. TODO MENTIRA e todo manipulación !!!)

1 Buceta

Insistes Gamela, nótase que como nacionalista español estás satisfeito coa venganza ou que tes moi mala conciencia. Privilexios dos presos políticos, que sorte estar debaixo da democracia a española!!!

2 Gamela

Insisto, porque paréceme alucinante o "seguidismo" deste asunto por parte dos galegos que sempre pagamos as facturas! Onte está o noso AVE? Onde os tráficos aéreos? Onde o tren de cercanías? Nós non temos nada e piamos porque os señoritos de Montserrat - Andorra teñan o equivalente ao Cupo Vasco vía pataleta independentista? Eu sigo pensando que aquí o único que hai son CARTOS e NADA MÁIS QUE CARTOS!

3 Tudo bem

Inistes por ser españolista. Tampouco tes que avergoñarte, cada quen é libre para defender os INTERESES que desexe (que vós TAMÉN tedes, pois o voso paraíso non é o ben dos cidadáns do mundo, congormádesvos coa Gloria de España). E cando non convences con palabras e votando, apoias o uso da violencia institucional e a forza, aplaudindo a cadea para o disidente (coa burla das boas prisións e dos poucos anos). O dito, dalle un bico á Gloria Lago e que vos aproveite o metílico e o matute de democracia.

4 Gamela

Calumnia, que algo queda...! Pero dicir que os cataláns de Pedralbes buscan o ben dos cidadáns do mundo é tanto como pensar que os vascos de Neguri teñen algo que ver cos traballadores da Naval !!! Alá cada quen coas súas teimas!

15 Caspañola

"Cuando los nazis vinieron a buscar a los comunistas, guardé silencio, porque yo no era comunista. Cuando vinieron a buscar a los sindicalistas, no protesté, porque yo no era sindicalista. Cuando vinieron a buscar a los judíos, no pronuncié palabra, porque yo no era judío. Cuando los franquistas del siglo XXI, fueron a por los catalanes, vascos, gallegos y otros pueblos periféricos, no hice nada, porque yo soy español, muy y mucho español. Cuando finalmente vinieron a buscarme a mí, no había nadie más que pudiera protestar. Y la Gamela se quedó a la deriva en el mar”

1 Gamela

Á valga estamos hai moito tempo! https://twitter.com/GamelaNova/stat...

14 Gamela

Outra opinión conta a sentenza, dalguén que parece coñecer a fondo o tema, conclúe dicindo o seguinte: "la derogación del delito supondría la automática absolución por este delito de los ahora condenados. Con el afán de mitigar un tanto la dureza de la condena, el Tribunal Supremo no les ha aplicado la prohibición de obtener beneficios penitenciarios hasta cumplir la mitad de la misma, cuestión que ahora cobra protagonismo porque la normativa penitenciaria permitiría concederles el tercer grado o semilibertad en poco tiempo" Se non foi DEROGADO o delito de sedición (?) non será culpa do TS senon do lexislador que leva demasiados anos durmindo nos escanos do Parlamento do Reino de España (?) https://theconversation.com/una-sen... Nótese que falamos de outra OPINIÓN e nótese que xa fora aplicada no Estado de Alarma do PSOE (Pepe Blanco) contra os Controladores Aéreos !!!

13 Praceres

Afortunadamente contamos coa prolífica Gamela para mostrarnos o camiño certo. Pois si, as penas aos independentistas non son para tanto (argumento base de Gamela): https://www.eldiario.es/zonacritica... Pois tamén, a sentencia non implica nada para os dereitos fundamentais, (o que de verdade á Gamela lle quita o sono): https://www.eldiario.es/tribunaabie... Parabéns Gamela. Xa podes ir tranquila disfrutar da túa prezada liberdade á tarde de touros e pola noite á xuntanza clandestina de Hablemos Español, pobriñas que estades perseguidas. Non esquezas levar o trapo de cores rechamantes co paxarraco preto no medio co que te identificas. E non sintas piedade cando pises. Insiste, nós estamos onde merecemos, e ti por riba, co pensamento libre de contaminación, predicando xustiza, obrando rectamente e pisando forte! Es UNA, GRANDE Y LIBRE!!!

1 Gamela

Imos por partes ou xa está ditada sentenza? Ei de recoñecer que SI me preocupa que este país convírtase en República Bananera onde os dereitos inviduais sexa pisoteados polo poder político de turno. SI comparto estas palabras: "Lo más peligroso de la sentencia es su aplicación en el futuro y su impacto en las libertades. Se puede condenar a altísimas penas de prisión a quienes protesten pacíficamente contra resoluciones que acuerden un desahucio, el desalojo de una acampada como las del 15M o la dispersión de la resistencia pasiva en una huelga de trabajadores. El Tribunal Europeo de Derechos Humanos habrá de valorar si resulta admisible lo que parece una interpretación restrictiva de los derechos fundamentales" Este será precisamente o percorrido da sentenza: chegará ao TEDH e teremos confirmación ou rectificación.

2 Gamela

Agora volvamos ao caso: os Señoritos do Govern aproveitaron o "aforamento" para ser xulgados polo TSupremo! Cousa que ao resto dos mortais nos está severamente restrinxida (agás que sexas rico de familia e non teñas présa para ser xulgado!) Os señoritos chegaron armados de avogados de primeira fila (aos que tampouco nós temos acceso!) e pensaron que o TS ía claudicar ante as súas maniobras xurídicas e formais (xa me gustaría a min ser tratado tan exquisitamente coma foron tratados tódolos encausados!) e MONTARON un xuízo mediático para facer visible o seu rexeitamento ao Reino de España (do que todos cobran abundantemente!)

3 Gamela

Pasaron os meses e chegou a sentenza: afortunadamente blanda (pois eles, que non nós, saírán polas portas de LLedoners antes de que cante un galo!) e aínda teñen a posibilidade de levar o seu caso ante o TEDH (ogallá sexa cedo!). Pero esta sentenza estálles permitindo montar COLUMNAS cara Barcelona! E aproveitar o rexeitamento xeral da cidadanía para seguir adiante coa súa teima pola Declaración Unilateral de Independencia! (ningún de nós teríamos esa sorte!) Visitados día sí e día tamén nas prisións catalanas polo President do Govern Torra (que agora encabeza as marchas pola liberdade!) Ao longo deste tempo ninguén xulgou aínda ao Gran Capo Pujol e Familia! Nin será xulgado nin será condeado!(os cartiños son sagrados!)

4 Gamela

Lembrades ao héroe da Rusia Democráctica? Un tal Boris Yeltsin https://es.wikipedia.org/wiki/Bor%C... que bébedo de vozka subiuse nun tanque ás portas da Duma para declarar a nova República Rusa? Os resultados sabemos a onde conduciron: á tiranía "democrática" do señor do KGB Vadimir Putin ¿existen dereitos políticos e liberdades cívicas na Federación Rusa hoxendía? Agora seica chámase Tsunami Democrático (pero sigo pensando que detrás está a máis vella das TIRANÍAS!) A tiranía dos plutócratas que habitan os barrios máis ricos do Estado: Les Corts (Pedralbes) e Sarrià-Sant Gervasi (Les Tres Torres, Galvany, La Bonanova e Sarrià-Vallvidrera) aquí están os DEREITOS CIUDADANOS que algúns están a defender nas rúas pensando que defenden unha república catalana popular! Este é o gran engano desta Historieta Democrática para Ricos! Amén.

5 Caselas

Gameladas: "os Señoritos do Govern aproveitaron o "aforamento" para ser xulgados polo TSupremo!" (sic). Pois non, o TS xulga até os Jordis (aforados de que?). O TS xulga polos delitos imputados, polos que os acusa o instructor, xa que xulgado natural (principio do dereito na xustiza universal) era en Catalunya. En fin, no próximo embuste, ou embiste de Gamela, vai ser que os de Alsasua quixeron ser xulgados na Audiencia Nacional (antigo TOP). Tampouco, o TEDH non entra na causa, falas sen saber. Por certo, os condenados e represaliados non son unha dúcia de delincuentes cataláns, son dous millóns daquel pobo e somos todos os que molestemos ao poder. Por moito que insistas, o 80% dos cataláns que queren decidir non roubaron (logo o argumento que repites é pura demagoxia). En fin, que estás pouco informado ou manipulas.

6 Gamela

Correcto Caselas, salteime algún paso xurídico, pero se fosen xulgados en Cataluña estaríamos ante outro caso Banca Catalana (?) (seguirían roubando impunemente toda a vida) ou outro caso Palau (?) (onde os que tiñan padriños "casan en Pedralbes") // Certo que hai opinións sobre a conveniencia de suprimir a Audiencia Nacional (por preconstitucional 1977) https://es.wikipedia.org/wiki/Audie... Pero se o caso Prestige fose visto na AN é probable que os tribunais británicos non se riran de nós (Corcubión e TSXGalicia!) Falar de TOP non ten moito xeito (agás dende o punto de vista do "terrorismo") Pero se suprimes a Audiencia posiblemente Sito Miñanco fose alcalde vitalicio de Vilanova e presidente da Deputación (?) En fin, non está na miña intención "manipular" pero comprenderás que tampouco é lugar para escribir un libro de Dereito Procesal (?) Só pretendía ser unha Opinión política razonada, máis nada. Saúde e República!

12 Gamela

(cont.) Non creo NADA de NADA ! Empatía ningunha cos que miran por riba do ombreiro aos demáis! O republicanismo debe ser cousa ben distinta destes niñatos do réxime catalán queimando caixas de cartón mentras os Mossos miran para ningures! Lembras como acabaron os okupas do Cine Yago? Alguén os defendeu? Alguén se acorda deles? Eu non compro esta Historieta de vítismo barato cando están FORRADOS e viven a corpo de rei en Suiza, Escocia, Bélxica, etc. A república é outra cousa ben distinta: RES-PÚBLICA = non máis políticos montando negocios privados para seguir machacando aos de abaixo con contratos basura e precariado vitalicio! Non compro tiranías, grazas!