Proceso Constituínte

Meses despois das escisións no seo do BNG, comeza o Proceso Constituínte para unha nova organización política nacionalista e de esquerdas. Soberanistas e Independentistas participaremos para a superación da vella estratexia estatutista e co norte posto no exercicio do dereito de Autodeterminación.

Por Aurélio Lopes | Compostela | 06/06/2012

Comparte esta noticia
A reunión dos representantes das Asembleas Nacionalistas en Teo inicia o Proceso Constituinte, co escenario político máis clarificado. A esta clarificación contribúe o novo axente "Compromiso x Galicia". Integrado por +GZ, EcoSocialistas e Acción Galega, sitúanse fóra do proceso asemblear e politicamente volven demandar un novo estatuto, vía absolutamente esgotada, como xa é analizado pola maioría do movemento nacionalista. En parámetros de esquerda/dereita, situándose claramente á dereita do BNG.
 
Así pois, serán as organizacións e correntes soberanistas, independentistas, altermundistas e de esquerdas as que conformarán xunto con centenares de nacionalistas sen filiación o novo proxecto político.
 
Novo proxecto político para a Nación
 
Até esta fase chegamos os sectores que demandábamos un novo proxecto común, unha nova organización construída desde a base, democrática e constituída unha vez concluido o proceso asemblear.
 
Na fase que agora abrimos nas Asembleas Nacionalistas comezaremos a falar de tempos para a Asemblea Nacional Constituinte, contidos políticos e ideolóxicos, concepción da acción institucional e modelo organizativo. Contidos moi lonxe todavía de ter sido madurados nestes meses e que precisan de tempos axeitados para a súa maduración como proxecto político que pretende permanecer no tempo e abrir unha nova vía superadora no nacionalismo.
 
A participar
 
Rematou o tempo da "especulación". Do que podía ser ou deixar de ser. É un Proceso Constituínte. Será froito das vontades de centos de nacionalistas reunidos en Asemblea. Para a Esquerda Soberanista e Independentista, que desde hai tantos anos, viña traballando fóra do BNG, chegou o momento de materializar o salto cualitativo: dotar a Galiza dun proxecto político cunha estratexia soberanista que sexa protagonista, influínte e condicionante no proceso político galego. @Aure_Lopes

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA