Feijóo sinala que a Xunta informará sobre o falecido de Dozón cando peche a investigación aberta

Dixo que diso xa se falará na Cámara galega.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/10/2019 | Actualizada ás 16:58

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, sinalou este xoves que o seu Executivo informará sobre o sucedido en relación ao caso do falecido de Dozón (Pontevedra) cando haxa un "resultado definitivo" da investigación aberta respecto diso.

Así o trasladou na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, onde foi preguntado acerca de se considera que sería preciso dotar de máis medios para a atención sanitaria tras o sucedido en Dozón.

E é que o 061 admitiu que unha ambulancia tardou "46 minutos" desde que se recibiu a chamada ata que deu asistencia a un home que finalmente faleceu no campo da festa do Sisto, na localidade pontevedresa de Dozón. O servizo alegou que había outras dúas emerxencias.

Feijóo remitiu á investigación aberta e apuntou que esta cuestión se abordará no pleno da semana próxima. "A ver se somos capaces de ter información concerta do que sucedeu en Dozón con esa asistencia sanitaria", resolveu.

Ambulancia do 061
Ambulancia do 061 | Fonte: 061

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta