A declaración de apoio á autodeterminación divide o nacionalismo galego

O BNG soubo da iniciativa por ERC e CxG polo PdeCAT. Nin Anova, nin En Marea foron avisados da declaración. Tamén chamou a atención a ausencia da líder do Bloque, Ana Pontón.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 28/10/2019 | Actualizada ás 14:19

Comparte esta noticia

Partidos nacionalistas e independentistas cataláns, vascos, galegos, baleares e valencianos asinaban este venres en Barcelona unha solemne declaración conxunta na que reclaman un acordo político sobre a crise catalá, a defensa do dereito á autodeterminación de "os nosos pobos" e a liberación dos "presos políticos".

Beiras diante dunha estelada, a bandeira utilizada polos independentistas en Cataluña
Beiras diante dunha estelada, a bandeira utilizada polos independentistas en Cataluña | Fonte: elobrero.es

Na que chamaron 'Declaración da Llotja de Mar', estas formacións comprométense a buscar "solucións democráticas e estables ao conflito político" que consideran que estes territorios manteñen co resto do Estado. Tamén piden o diálogo para o regreso de "os exiliados", reclaman as liberdades civís e políticas dos seus cidadáns, así como as políticas sociais e económicas que permitan o progreso de "os nosos pobos". Finalmente, o acordo foi asinado por ERC, JxCat, PDeCAT, CUP, Demòcrates, a Crida Nacional per a República, EH Bildu, BNG, Esquerra Valenciana, República Valenciana, Més per Mallorca e Més per Menorca.

No caso de Galicia, a sinatura deste documento só foi ratificada polo BNG, pero non polo seu socio nas eleccións do 10N, Compromiso por Galicia (CxG), que ademais, emitiu un comunicado no que criticou o momento elixido para facer público este acordo.  

CxG, “SATÉLITE DO PNV”

Unhas críticas directas a esta declaración que foron moi mal recibidas na dirección e na militancia do BNG que, cada vez máis, considera que o pacto con CxG foi un “erro”. Fontes nacionalistas consultadas por GC destacan que “o partido de Piñeiro –Juan Carlos Piñeiro, o secretario xeral de CxG--, é un satélite do PNV que non aporta nada ao Bloque, máis ven resta”, din ao aludir a súa deriva cara á dereita.

A sede de Esquerra Republicana de Catalunya en Barcelona, durante o reconto de votos na decisiva xornada de eleccións autonómicas en Cataluña, o 21 de decembro de 2017, trala declaración de independencia e a aplicación do artigo 155 da Constitución
A sede de Esquerra Republicana de Catalunya en Barcelona, durante o reconto de votos na decisiva xornada de eleccións autonómicas en Cataluña, o 21 de decembro de 2017, trala declaración de independencia e a aplicación do artigo 155 da Constitución | Fonte: Miguel Núñez

O PNV foi o único dos grandes partidos nacionalistas con representación no Congreso que rexeitou a sinatura do documento “por unha cuestión de contido e outra de contexto, porque non ten espírito construtivo e que non é o momento máis oportuno" ante a proximidade do 10N.

Precisamente, en declaracións a Galicia Confidencial, Juan Carlos Piñeiro, utiliza argumentos semellantes aos expresados polo PNV para rexeitar este documento.  “No fondo estamos de acordo pero non co momento, coas formas. Nós entendemos que o que hai que facer é un acordo de colaboración de todas as forzas nacionalistas para defender cuestións comúns, pero non utilizar isto en periodo electoral”, destacou.

Con todo, aclara que a súa postura non ten que ver coas súas privilexiadas relacións co PNV, senón co momento elixido para facer público este documento. De feito, destaca que foi informado deste acordo, non polo BNG, senón polo PdeCAT, con quen tamén mantén un acordo de colaboración no Parlamento Europeo. “Falamos logo coa dirección do BNG e acordamos que cada quen ía ter a súa postura”, suliña sobre as críticas que isto pode xerar no entorno do Bloque.

Que haxa descontecto no BNG pode ser normal porque o noso acordo con eles parte dunha colaboración puntual pero nós seguimos tendo a nosa propia autonomía”, destaca. No pacto acadado co BNG, o primeiro punto acordado era que as dúas formacións estaban de acordo coa autodeterminación. “O acordo é sobre dez puntos e que no primeiro punto vai iso, pero non di que haxa que cambiar a anterior Declaración de Barcelona”, asegura.

“Son diferentes posturas pero iso non é malo.  Nós insistimos que o momento non é agora, é pouco ambicioso e só centrado no tema catalán. O procés condiciona as posturas porque é un conflito claro de como o Estado trata ás nacións sen estado. Nós xa nos posicionamos –sobre a autodeterminación--, pero agora non é o momento de facelo”, engade. Por iso, está convencido de que non haberá repercusións electorais tras estas diferencias, a pesar de ir xuntos na mesma lista o 10N. "CxG e BNG participan xuntos na campaña, na organización dos mítines e non creo que esta diferencia supoña ningún problema nos resultados", engade.

POR QUE NON ESTIVO ANA PONTÓN?

No nacionalismo tamén causou sorpresa que ese documento non fora asinada pola súa secretaria xeral, Ana Pontón, cando en Lotja de Mar estaban os principais líderes dos partidos independentistas e nacionalistas asinantes, entre eles os do ERC, PdeCAT, JXCAT ou Bildu. “Cuestións de axenda”, apuntan fontes nacionalistas.

Hai quen cre que a ausencia de Pontón débese máis a cuestións de estratexia política. Trataríase de evitar unha foto cos líderes independentistas cataláns e vascos nun momento complicado, a menos de doce días dunhas eleccións xerais e cos principais medios de comunicación galegos, principalmente La Voz de Galicia, moi críticos co procés. 

OUTROS ACTORES NACIONALISTAS

Na sinatura dese acordo tampouco estiveron nin En Marea, nin Anova. Consultados os dirixentes destas dúas formacións, Luís Villares e Antón Sánchez, confirman que “non foron convidados”. 

Actualmente, nin Anova, nin En Marea manteñen relacións fluídas con ningún dos asinantes desde documento. Só a formación de Xosé Manuel Beiras mantén canles abertas e de contactos frecuentes coas CUP.

Bieito Lobeira (BNG), Arnaldo Otegi (Bildu), Marta Vilalta, o vicepresidente, Pere Aragonès (ERC), o conseller Jordi Puigneró, Laura Borràs (JxCat) xunto a dirixentes de partidos independentistas de todo o Estado
Bieito Lobeira (BNG), Arnaldo Otegi (Bildu), Marta Vilalta, o vicepresidente, Pere Aragonès (ERC), o conseller Jordi Puigneró, Laura Borràs (JxCat) xunto a dirixentes de partidos independentistas de todo o Estado
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

3 anonimo

O dereito de autodeterminación non existe para Cataluña, Galicia ou calquera outra rexión do país do que forman parte. Nin en Alemania , Francia, Holanda, Bélxica… e así ata tódolos países do mundo menos tres pode exercerse tal dereito para unha parte do seu territorio. Dito doutro modo: ninguna constitución do mundo recoñece o dereito á secesión dunha das súas rexións. Sobre a integridade territorial dun país, deciden TODOS os cidadáns dese país, non unha parte, que ademais, incluso no caso catalán é minoritaria. Se a cousa non fose grave, sería ata de risa que eses partidos afirmen que as súas rexións están oprimidas cando no caso vasco e catalán disfrutan da renda per cápita mais alta de España e disfrutan dun autogobernó que para sí quixeran Escocia ou Gales

1 Sentidiño

Sobre a integridade de Canadá decidiron só os quebequeses. Sobre a integridade do Reino Unido decidiron só os escoceses. Sobre a integridade da República Francesa decidiron e decidirán só os de Nova Caledonia. https://fr.wikipedia.org/wiki/R%C3%...

2 Dividido por cero

"divide ainda mais" se non vos importa

1 Gamela

O comunicado estaba escrito e quen manda é UPG !!! https://youtu.be/Ji8vOnDZcVA?t=3m33... Pero nin Ana Pontón nin Nestor Rego podían sair na foto !!! Por iso mandaron a chico dos recados a Barcelona (Bieto Lobeira) e en Vigo presidía o acto Xabier Iglesias (concelleiro) Disolución UPG !!!

1 Isabelo Pantojo

Tiene que ser muy triste vivir eternamente repitiendo la misma matraca una y otra vez.....qué tal si en alguna ocasión haces referencia a las curcubitáceas….por ejemplo !sería un descanso para ti y para los demás. Quizás encuentres en el cultivo de los calabacines un nuevo objetivo en tu vida.... Un fuerte abrazo

2 Gamela

Levas razón, o día que Paco Rodríguez deixe de manexar os fíos do "nacionalismo" galego, pode ser que DESCANSEMOS todos !!! Pero moito me temo que é maís terco ca min...Ao mellor é que aínda non liches bastante sobre o asunto? http://www.galiciaconfidencial.com/... Apertas Mil