Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/10/2019 | Actualizada ás 11:24
O traballo na "prevención de residuos" e en medidas que dean "longa vida aos bens e servizos" conforman as principais liñas de actuación que contempla o plan estratéxico galego para lograr unha economía circular galega.
Así o manifestou este mércores a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, antes de dar comezo ao Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sositble (Cogamad) no que se reúnen administracións e axentes sociais.
Alí presentouse o proxecto co que Galicia pretende potenciar a economía circular que demanda Europa e que Medio Ambiente traslada á "singularidade" do territorio para o próximos dez anos.
Vázquez destacou que este plan "supón un paso moi importante na forma de pensar e de actuar" de todas as partes implicadas, tanto para as empresas, como para a sociedade en xeral.
A idea é "dar longa vida aos servizos e os bens, desde o ámbito máis pequeno, unha lavadora, ata o empresarial". "Antes de tirar, pensar primeiro en reutilizar para lograr unha sociedade máis xusta" e que "o consumismo non sexa o primeiro" no que pensar, engadiu a conselleira.
Sobre o mesmo, tamén explicou que a estratexia foi elaborada polo tres universidades galegas, as institucións que traen de mánoa "investigación" para buscar "o ben dos galegos".
MONTE ALOIA
Por outra banda, Ángeles Vázquez abordou o segundo punto "transcendental" da reunión deste mércores: a presentación do novo marco normativo "de usos e xestións" do parque natural pontevedrés de Monte Aloia.
Explicou que este espazo conta agora cun novo plan para desenvolverse como "activo económico e de atracción" desde o punto de vista de "estudo científico e da biodiversidade". Desta maneira, Monte Aloia diversificará os seus usos para mellorar a preservación do parque a través de medidas específicas para ese espazo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.