O PSOE da Coruña censura as críticas de Pablo Iglesias a Amancio Ortega

O secretario provincial, Valentín González Formoso, considéraas "absurdas" e "inexplicables".

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 04/11/2019 | Actualizada ás 17:03

Comparte esta noticia

O secretario provincial do PSOE na pronvincia da Coruña, Valentín González Formoso, considerou "absurdas" e "inexplicables" as críticas do líder de Podemos, Pablo Iglesias, ao dono de Inditex, Amancio Ortega.

Pablo Iglesias
Pablo Iglesias | Fonte: @ Miguel Núñez.

Despois de que nunha entrevista televisiva Iglesias se referise ás doazóns do empresario como "esmolas" e cualificase a Ortega de "señorito", o PSOE da Coruña subliñou que estas supuxeron "centos de millóns de euros" en doazóns da Fundación Amancio Ortega á sanidade pública e a entidades sociais.

"Moitas delas na provincia da Coruña, coas que se financian infraestruturas e equipamentos útiles para moitas persoas en situacións complicadas da súa vida, desde a Fundación Padre Rubimos a máquinas para o tratamento do cancro", indicou González Formoso.

Así, o PSOE coruñés considera que toda axuda solidaria debe ser "benvida". "Non é incompatible ter unha fiscalidade xusta con facer doazóns a entidades sociais ou servizos públicos", asegura Valentín González Formoso, que considera "mesquiño" que Pablo Iglesias trate de usar como "munición electoral" este tipo de "polémicas artificiais".

"Pablo Iglesias debería pisar máis Galicia para saber a opinión que a sociedade galega ten de Amancio Ortega. Todo o mundo querería que o seu fillo traballase en Inditex", manifestou.

APOIO AO SECTOR INDUSTRIAL

Neste sentido, os socialistas coruñeses pregúntanse se a alternativa de Podemos para Galicia é "a do paro e a deslocalización" e crtician "falta de compromiso" desa formación en temas clave para o futuro industrial da provincia, coo a continuidade da actividade na central térmica das Pontes.

Ademais, denuncian a "explítica falta de apoio á planta de Reganosa, instalación que, segundo aseguran, "a deputada de Galicia en Común, Yolanda Díaz, pediu paralizar sen ter en conta que se poñen en risco 100 empregos directos e case 200 indirectos na comarca de Ferrolterra".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

O PSOE Censura, o resto sobra... https://twitter.com/GamelaNova/stat...