Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 22/11/2019 | Actualizada ás 17:23
Máis de medio cento de persoas participaron este venres na concentración na Praza de María Pita para esixir ao Concello da Coruña que interveña as instalacións da planta de residuos de Nostián, xestionada pola empresa Albada.
Esta protesta é a primeira dunha serie de concentracións que continuarán os días 29 de novembro e 5 de decembro. Tan só tres días despois, o 8 de decembro, iniciarán unha folga indefinida contra o expediente de regulación temporal de emprego (ERTE) comunicado pola compañía.
"Non nos facemos responsables do que poida pasar despois do día 8", advertiu o presidente do comité de empresa, Julio Maceiras, quen insistiu en que a regulación de emprego é "inxustificable". "O Concello ten que tomar cartas no asunto e dicir á planta, a Urbaser, que se acabou", dixo.
As mobilizacións responden o expediente de regulación de emprego temporal (ERTE) previsto pola empresa tras a decisión de non procesar o lixo que provén dos municipios do Consorcio das Mariñas.
Este ERTE suporía o despedimento de 39 empregados e unhas modificacións substanciais das condicións de traballo para outras 35 persoas non afectadas pola regulación. Na concentración participaron concelleiras da oposición do PP, BNG e Marea Atlántica.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.