Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/12/2019 | Actualizada ás 18:30
Compostela Aberta escollerá á súa nova coordinadora antes de finalizar este ano. Así o avanzado o seu portavoz, Martiño Noriega, quen explicou que así se trasladou nunha asemblea celebrada a semana pasada.
Así se pronunciou o ex rexedor este mesmo luns, ao ser preguntado sobre o seu futuro e sobre o horizonte no que planea facer efecto ese paso atrás anunciado tras os pasados comicios municipais.
Respecto diso, Noriega non aclarou as súas intencións máis aló de que el mesmo marcaría os seus "tempos", aínda que asegurou que non existe "ningún cambio respecto o falado" tras as eleccións e o compromiso de participar "nun proceso de transición". "Non hai ningún cambio, sigo pensando o que pensaba", reiterou, para insistir en que está a marcar os tempos e que, de momento, Compostela Aberta escollerá a súa nova coordinadora antes de final de ano (no prazo dun mes).
Máis aló diso, Noriega defendeu que o peso do espazo político, que "ten un sinal importante na cidade" tras conseguir o apoio de preto de 11.000 veciños de Santiago.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.