A Xunta di que as "desavinzas" entre Grupo Norte e persoal son problemas internos que non afectan ao servizo

Di que para que se impoña sancións ás adxudicatarias "é necesaria a existencia de resolucións firmes ditadas pola autoridade competente".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/12/2019 | Actualizada ás 19:12

Comparte esta noticia

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dependente da Xuntal afirma que as "desavinzas" entre a empresa Grupo Norte Agrupación Empresarial de Servizos SL e o seu persoal "non afectan de ningún xeito o funcionamento da central de coordinación para a xestión das urxencias e emerxencias sanitarias na comunidade autónoma.

Indícao en resposta aos sindicatos, que este martes denunciaron (CC.OO. e UXT) ante Inspección de Traballo "irregularidades" no servizo de ambulancias da área sanitaria de Lugo relativas, entre outras, ao atraso en pagos e medidas hixiénicas. Pola súa banda, a CIG denunciou que Grupo Norte "utiliza" ao persoal operador do 061 "para coaccionar" á Fundación do 061 para cobrar o que esta lle debe.

Pola súa banda, o 061 indica que, seguindo o procedemento administrativo correspondente, "está á espera de ser informado pola UTE Servizos Sanitarios de Monforte e outros sobre as condicións de prestación do servizo de transporte sanitario urxente en Lugo".

"Isto ten lugar tras a comunicación á fundación de posibles carencias na prestación do servizo", apunta, antes de subliñar que para que a administración pública impoña sancións ás adxudicatarias "é necesaria a existencia de resolucións firmes ditadas pola autoridade competente nas que se recollan os incumprimentos denunciados".

Servizo de emerxencias 112
Servizo de emerxencias 112

"ASUNTO PRIVADO"

As "desavinzas" entre a empresa adxudicataria do servizo de operación telefónica na central de coordinación da fundación pública e o seu persoal, engade, constitúen "un asunto privado entre a empresa e os representantes dos seus traballadores".

E agrega que desde o inicio da vixencia do contrato do servizo de operación telefónica a fundación "está a cumprir escrupulosamente con todas as prescricións técnicas e obrigacións económicas establecidas nos pregos de licitación do servizo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta