O avogado de Rosario Porto asegura que a muller leva anos con "depresión profunda"

Porto mantén que é "inocente" do crime de Asunta, unha afirmación que o seu avogado tamén defende e da que se mostrou cada "vez máis" convencido.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/12/2019 | Actualizada ás 12:16

Comparte esta noticia

O avogado de Rosario Porto, condenada a 18 anos de cárcere por matar a súa filla Asunta Basterra, asegurou que a súa cliente permanece na enfermaría da prisión da Lama, en Pontevedra, cunha "depresión profunda".

O letrado José Luís Gutiérrez Aranguren, que acudía aos xulgados de Lugo para exercer a defensa dun home procesado por difusión de pornografía infantil, explicou que Rosario Porto leva "arrastrando" esa "depresión" desde "hai moitos anos".

Por iso, sinalou que lle recomenda a Rosario Porto, aínda que ela "non quere", pedir permisos para "poder forzar canto antes unha posibilidade de clasificación en terceiro grao e de anticipación de cumprimento da pena".

"Digo por indicación miña porque ela non quere saber absolutamente de liberdade, nin nada, e coa actitude habitual da Xunta de Tratamento de negativa por gravidade do feito, como si non fose suficiente a pena que lle impuxeron", manifestou o avogado.

MANTÉN A SÚA INOCENCIA

Segundo indicou, Porto mantén que é "inocente" do crime de Asunta, unha afirmación que o seu avogado tamén defende e da que se mostrou cada "vez máis" convencido. Así, asegurou que, ultimamente, ten "dificultade" para comunicarse coa súa representada no cárcere porque mentres que "antes" o chamaba, agora "non" o fai. "Ela non se molesta en saír da enfermaría e está absolutamente abatida", incidiu.

O avogado sinalou que esgotou "todos os recursos" xudiciais polos que exonerar o seu cliente. "A miña confianza na xustiza é a xusta, porque este caso foi especialísimo", indicou. "Eu pensei que había instancias internacionais que eran máis dadas a mirar as cousas con profundidade e aínda é peor cando un sae por aí, salvo que sexa para casos nas que hai xente de altura que está involucrada, nese caso si que son moi exquisitos nas garantías", manifestou.

Así, criticou que "os demais mortais" poidan "ir ao cárcere" sen "facer nada" porque non teñen "ningún tipo de amparo", protestou. Tanto Rosario Porto como o seu ex marido, Alfonso Basterra, foron condenados a 18 anos de prisión, tras un xuízo con xurado popular, polo asasinato da súa filla adoptiva Asunta o 21 de setembro de 2013.

José Luis Gutiérrez Aranguren, avogado de Rosario Porto
José Luis Gutiérrez Aranguren, avogado de Rosario Porto | Fonte: Telecinco

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 FTG

Yo espero que Vox, olvide lo pueril que supone equiparar la vida de los inocentes con la de los culpables y se reabra debate sobre la pena de muerte. No es equiparable la vida del inocente al que mata su madre, ya sea dentro del seno materno o fuera de él, con la de su asesina.