Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/12/2019 | Actualizada ás 18:44
A deputada de Grupo Común da Esquerda Luca Chao lamentou o "fracaso" do Cume do Clima celebrada nos últimos días en Madrid. "As empresas máis contaminantes foron quen, unha vez máis, de impor os seus intereses, o cal é un fracaso duro e inaceptable", asegurou a parlamentaria.
Nunha rolda de prensa celebrada este luns no Parlamento de Galicia na que estivo acompañada polo deputado Marcos Cal, Luca Chao censurou a "incapacidade manifesta" dos gobernos participantes no cume, que se pechou sen un acordo claro sobre a redución de emisións.
Tras valorar "a loita" da mocidade organizada en 'Fridays for Future" ou das "comunidades indíxenas" que se defenden "fronte aos abusos das grandes transnacionales", reclamou aos gobernos que adopten compromisos "reais" para combater o cambio climático.
No ámbito autonómico, Chao criticou que os anos "de negacionismo do PP tivo consecuencias como o colapso do sistema de xestión de residuos", a "vaga de incendios derivada das políticas forestais" ou "a contaminación sistemática dos ecosistemas acuáticos".
Neste sentido, acusou o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, de "confudir a transición enerxética xusta cunha transición enerxética sen fin á vista".
XESTIÓN DA AUGA
Pola súa banda, os parlamentario Marcos Cal puxo o acento en que a auga é o "principal foco de afección" do cambio climático, polo que fixo un chamamento a afrontar "xa" unha transición hidrolóxica".
"Se xa se chegou 30 anos tarde á transición enerxética por culpa do negacionismo, agora non nos podemos permitir facer tamén vulnerable á poboación no que ten que ver coa auga", incidiu, antes de alertar que os estudos da Axencia Europea do Medio Ambiente sinalan unha caída do 50% das precipitacións en Galicia no futuro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.