O BNG demanda a retirada dos militares españois de Iraq e denuncia a "postura cómplice" do Goberno con EE.UU.

Pide a retirada dos 500 efectivos militares españois destacados en Iraq nunha misión internacional apoiada por Estados Unidos e a OTAN.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/01/2020 | Actualizada ás 13:30

Comparte esta noticia

O BNG denunciou este mércores a postura "cómplice e sumisa" do Goberno español e da Unión Europea ante o asasinato do comandante iraniano Qasem Soileimani por parte de Estados Unidos, que tivo lugar o pasado venres 3 de xaneiro en Iraq.

Ante estes feitos, o BNG demandou a retirada dos 500 efectivos militares españois destacados en Iraq nunha misión internacional apoiada por Estados Unidos e a OTAN. Nun comunicado, a formación nacionalista galega sentenciou que a inexistencia de condena por parte do executivo e da UE son "un clamoroso exemplo da súa docilidade obediente respecto da administración Trump".

Ademais, condenaron este "novo episodio imperialista" de Estados Unidos que, declararon, "non ten escrúpulos para violar a soberanía dun Estado" e mesmo, "provocar un novo conflito bélico con repercusións potencialmente gravísimas".

Así mesmo, a formación quixo reafirmar a súa posición internacional "activamente antimperialista" de "defensa do desarmamiento, a non inxerencia e respecto á soberanía dos pobos". Por este motivo, valorará "o impulso dunha mobilización social" en Galicia, en función de como evolucione a situación.

Participantes no funeral en Teherán do xeneral Qasem Soleimani, xefe da Forza Quds da Garda Revolucionaria de Irán.. Hamed Malekpour
Participantes no funeral en Teherán do xeneral Qasem Soleimani, xefe da Forza Quds da Garda Revolucionaria de Irán.. Hamed Malekpour | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta