Bota a andar o primeiro taxi eléctrico de Galicia

Presentouse na Coruña este venres.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 17/01/2020 | Actualizada ás 17:57

Comparte esta noticia

O concelleiro de Urbanismo e Mobilidade do Concello da Coruña, Juan Manuel Díaz Villoslada, asistiu este venres, na estación de autobuses, á presentación do primeiro taxi eléctrico de Galicia.

Sobre tipo de vehículo, o edil explicou que a intención do goberno local é habilitar puntos de carga eléctrica rápida para este tipo de vehículos. "Estamos a estudar as distintas alternativas, modelos e localizacións para que non interrompan a circulación", expuxo o responsable municipal, quen mantivo varias reunións co sector do taxi para facilitar a incorporación do coche eléctrico.

Por outra banda, neste acto, o edil informou que o Concello da Coruña ultima unha instrución para regular de maneira provisional o uso dos vehículos de mobilidade persoal na cidade. Este borrador, que lles será presentado aos integrantes da Mesa pola Mobilidade a próxima semana, forma parte dunha serie de medidas deseñadas pola concellaría para "transformar a mobilidade na nosa cidade", explicou o edil.

Presentación do primeiro taxi eléctrico en Galicia. CONCELLO DA CORUÑA
Presentación do primeiro taxi eléctrico en Galicia. CONCELLO DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta