O Atlantic Fest aposta pola música urbana con C. Tangana coma cabeza de cartel

Tamén representará este estilo musical a nova incorporación do vigués Kaixo. Haberá actuacións de renome coma as de Amaia, Fuerza Nueva, Nuria Graham, Carolina Durante ou as recentes incorporacións de Ladilla Rusa ou Tito Ramírez.

Por Galicia Confidencial | Vilagarcía de Arousa | 14/02/2020 | Actualizada ás 20:35

Comparte esta noticia

A edición de 2020 do Atlantic Fest celebrarase nos días 24, 25 e 26 de xullo na localidade de Vilagarcía de Arousa. Coa celebración desta quinta edición traen coma artista principal a un referente da música urbana a nivel internacional, o madrileño C. Tangana. O músico vén de sacar a súa última colaboración coa cantante Natti Natasha, 'Viene y va'.

Cartel do Atlantic Fest de Vilagarcía de Arousa.
Cartel do Atlantic Fest de Vilagarcía de Arousa.

Na edición de 2018 xa estivera Yung Beef, aínda que nesa ocasión o artista granadino non estivo exento de polémica. Desta volta, C. Tangana estará acompañado por outro pioneiro do trap en España, o galego Kaixo, que vén de desligarse do grupo vigués 'Banana Bahía Music'

Con todo, neste verán tamén tocarán en Vilagarcía outros artistas de gran renome nacional, coma Amaia, Fuerza Nueva, Nuria Graham, Carolina Durante ou as recentes incorporacións de Ladilla Rusa ou Tito Ramírez.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta