Feijóo anuncia que irá ao debate da CRTVG por ser o "tradicional"

Caballero supeditaba a súa presenza no debate de CRTVG á participación do líder do PPdeG. CRTVE ofrece organizar outro debate electoral o próximo 31 de marzo.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 20/02/2020 | Actualizada ás 15:36

Comparte esta noticia

"Sempre foi un debate tradicional na campaña autonómica e penso asistir", dixo o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, este xoves dando por feita a súa participación no debate en horario de máxima audiencia convocado pola CRTVG para o luns 23 de marzo,  tras o primeiro fin de semana da campaña electoral.

Debate electoral na TVG
Debate electoral na TVG

Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, Feijóo dixo que sempre asistiu a este debate na CRTVG que é o de "carácter tradicional" por ser no medio público dos galegos. "Por suposto que irei", insistiu. Con todo, destacou queda pendente de arranxar as regras do debate, "pero iso xo pecharán os xefes de campaña de cada partido".

Previamente, o candidato do PSdeG ás eleccións galegas, Gonzalo Caballero, supeditaba a súa presenza neste debate á presencia do líder do PPdG. Consideraba que para este encontro deben estar outras forzas representadas no Parlamento, aínda que defendeu unha cara a cara aparte co candidato 'popular'.

Pola súa banda, Podemos Galicia, formación que aínda ten que definir como concorrerá ás autonómicas, está disposto a participar no debate electoral, aínda que cren que a data elixida está "moi afastada" das votacións, o que, ao seu xuízo, "pode prexudicar" á participación na cita do 5 de abril.

A dirección do partido morado, que se atopa en fase de negociación para explorar unha alianza con Anova, mostra a súa disposición a que pariticipe nos debates Antón Gómez-Reino, quen está aínda por confirmar tanto como cabeza de lista de Podemos como candidato á Presidencia da Xunta.

O secretario xeral do PSdG, Gonzalo Caballero, en Ferrol.
O secretario xeral do PSdG, Gonzalo Caballero, en Ferrol. | Fonte: Europa Press

OUTROS DEBATES

Por outra banda, a Corporación de Radiotelevisión Española tamén se puxo en contacto cos partidos políticos galegos para ofrecer a posibilidade de organizar un debate electoral o próximo 31 de marzo, o último martes da campaña antes da cita coas urnas o 5 de abril.

Sobre a súa participación noutros debates --cousa que foi case inexistente noutras eleccións desde que é presidente-- Feijóo dixo que, cando se saiba, pois "será valorado". "Non é bo anticipar o que imos decidir", apuntou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta