Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 05/03/2020 | Actualizada ás 08:05
O pasado martes 3 de febreiro o Sindicato da policía Jusapol manifestouse diante do Congreso dos Deputados en Madrid por unha mellora salarial. Foi ante o veto do Goberno á equiparación salarial das forzas e corpos do Estado. Segundo a portavoz do PSOE no Congreso, Adriana Lastra, "non se pode incluír esa partida nun orzamento que xa está en marcha". "Suporía 1.900 millóns de euros a maiores", engadiu a socialista.
Ante esta situación, desde o sindicato policial Jusapol, aseguran que "se vai a producir un coronavirus policial". Teñen convocada unha manifestación ilegal para o 10 de marzo, coincidindo co Consello de Ministros. O sindicato -que foi financiado na súa orixe por Ciudadanos- é respaldado por VOX e polo PP.
O 'youtuber' ligado a grupos da extrema dereita, Alejandro León (Jandro Lion), grabou un vídeo augurando a "guerra" ao goberno de non concederse as súas demandas. Ademais, desde Twitter, estes feitos foron moi criticados, xa que usan coma simboloxía as máscaras do filme 'V de Vendetta'. A trama desta vai contra os abusos de poder das forzas de seguridade.
Este policía neonazi se llama Alejandro León. Dijo que asesinaría a menores migrantes cuando le regalaron una navaja. Fue sancionado con solo 20 días de suspensión. Es uno de los organizadores de la manifestación de Jusapol: "Vais a tener guerra. Esto solo acaba de empezar". pic.twitter.com/LNeLhCqK3w
— Fonsi Loaiza (@FonsiLoaiza) March 3, 2020
Policías del sindicato de ultraderecha Jusapol con las máscaras de V de Vendetta. Ni la novela gráfica ni la película. No han entendido nada. pic.twitter.com/fkIbNsVkpg
— PabloMM (@pablom_m) March 3, 2020
Los policías del sindicato de extrema derecha Jusapol rompen el cordón policial y se plantan frente al congreso. Los antidisturbios no hacen nada porque solo sacan la porra si un peligroso octogenario trata de votar en un referéndum. pic.twitter.com/RFNAdMpfrr
— PabloMM (@pablom_m) March 3, 2020
En Galicia, o sindicato da Garda Civil de Lugo, asociado a Jusapol asegura que "se isto non se arranxa, guerra, guerra, guerra".
Comienzan las consignas en contra del psoe y a favor de nuestra ILP, el pueblo nos apoya, la lucha esta en la calle, si esto no se arregla, guerra, guerra, guerra. #EquiparacionYa #ILPJusapol @jusapol pic.twitter.com/EI7Z0Ow55r
— Jucil Lugo (@JucilLugo) March 1, 2020
OS POLÍTICOS CATALÁNS, AXUDADOS POLO BNG
Os policías manifestantes romperon o cordón policial ante o Congreso dos Deputados, chegando ás portas da Cámara Baixa. A situación tensouse e increparon aos políticos cataláns. Así, Laura Borrás de 'Junts x Cat' asegurou na súa conta persoal de Twitter que tivo que ser axudada por compañeiros do seu partido e do BNG para chegar ao seu taxi. Sinala que despois de pedir axuda ao Congreso, estes dixeron: "Para qué? se son policías".
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, mostrou "todo o seu apoio" á deputada catalana na súa conta oficial de Twitter. Ademais, sinalou que a insultaron, perseguiron e asediaron.
Hoxe, policias fascistas da Jusapol perseguiron, asediaron e insultaron @LauraBorras, portavoz de @JuntsXCat diante do Congreso coa pasividade dos policiais de garda na porta. Todo o meu apoio e o do @obloque frente a unha actuación inadmisíbel. https://t.co/kpIJaCm9Vz
— Néstor Rego (@NestorRego) March 3, 2020
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.