Yolanda Díaz cre que o peche do paridoiro de Verín "pode converterse nun 'Prestige' para Feijóo"

A ministra de Traballo asume que "hai diferenzas" entre as formacións do Goberno español, aínda que o considera "algo positivo".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/03/2020 | Actualizada ás 19:08

Comparte esta noticia

A ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, percibiu que "o que pasou en Verín pode converterse nun 'Prestige' para Feijóo", aludindo así a un posible cambio de goberno en Galicia despois do sucedido con peche e posterior reapertura do paritorio nesta localidade ourensá. Así o sinalou este domingo nunha entrevista concedida á Cadena Ser, na que insistiu en que o candidato de Galicia en Común-Anova Mareas para as eleccións autonómicas do 5 de abril, Antón Gómez Reino, é "magnífico".

A ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz
A ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz | Fonte: Europa Press

Yolanda Díaz subliñou tamén que hai que ter "moito coidado" coas tendencias variantes que mostran as enquisas. Segundo explicou, falou con Pedro Sánchez e "os dous vanse envorcar na campaña galega", porque "por primeira vez, hai unha posibilidade de derrotar a Feijóo".

"Cónstame que todas as formacións políticas imos estar de acordo niso e vaise ver como somos capaces de pornos de acordo, da mesma maneira que o facemos a diario no Goberno central", engadiu.

Así mesmo, admitiu que "hai diferenzas" en cada unha das formacións que compoñen o Goberno español, aínda que o considera "algo positivo".

Neste sentido, recalcou que non cre que os rozamentos entre ministerios, que esta semana se intensificaron en relación á nova lei de liberdade sexual que prepara o departamento de Irene Montero, vaian a máis e veo dentro da normalidade.

GUÍA SOBRE O CORONAVIRUS

Por outra banda, Yolanda Díaz explicou que coa guía para traballadores e empresarios con recomendacións sobre o coronavirus, publicada polo Ministerio de Traballo o pasado mércores, que tamén abriu polémica no seo do Executivo, trátase de "prever".

Así, espera que non se dean casos que supoñan "parar a produción porque o pida a empresa ou os traballadores", aínda que, como sinalou, "serán os técnicos os que determinarán os riscos".

Con respecto á decisión do Goberno español de recorrer ante o Tribunal Supremo a sentenza da Audiencia Nacional que condena ao Estado a pagar unha indemnización á familia de José Couso, por non defender os seus intereses ante Estados Unidos, a ministra admitiu que Unidas Podemos ten unha "posición diferente".

"Falei coa familia de José Couso, trátase dun asunto que afecta os dereitos fundamentais e creo que debe ser reparada", remarcou Yolanda Díaz.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 RAMIRO DE YOLI

Veu Yoli Risitas a facerse a foto e non aportar NADA. Como sempre ¡¡

1 Gamela

Eva Solla xa pagou o 30% do seu salario dos últimos 4 anos á Cáritas Diocesana? Ou aínda lle están a facer a Declaración da Renda? https://cabozo.com/taboext.php?grup... Polas súas OBRAS as coñeceredes ! Yolandita de momento xa gasta zapatos de tacón de 16 cms (non sei se será seguro empoleirarse tanto no ministerio!)