Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/03/2020 | Actualizada ás 18:53
O deputado socialista e 'número un' do PSdeG pola Coruña, Pablo Arangüena, iniciou unha corentena preventiva tras os casos positivos de coronavirus rexistrados entre distintos parlamentarios do Congreso.
O propio Pablo Arangüena explicou que se trata dunha "corentena voluntaria" e que non presenta "ningún síntoma" pero que entende que debe adoptar esta medida "por precaución" tras os casos rexistrados na Cámara Baixa.
E é que ao longo das últimas semanas coñecéronse varios positivos entre os representantes do Congreso, como o caso da ministra de Igualdade, Irene Montero; a expresidenta Cámara baixa, Ana Pastor; ou varios dos responsables de Vox, como o seu líder Santiago Abascal.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.