Por Galicia Confidencial | Compostela | 18/03/2020 | Actualizada ás 13:20
Galicia Confidencial pon en marcha distintas propostas para tentar pasar esta corentena do mellor xeito posible. Por iso, e grazas a colaboración de distintos profesionais, publicará artigos sobre música, libros, deporte, contos, humor ou gastronomía, entre outros.
Entre os colaboradores desta sección improvisada están o crítico David González, autor do blogue Palabras de Gatsby, que recomendará libros; Alberte Montes, actor, cómico e guionista, que terá unha pequena sección de humor ou o profesor de Educación Física, Diego Rojo, sobre deporte. Ademais ofreceranse receitas coa colaboración de distintos cociñeiros ou consellos sobre banda deseñada.
GC tamén divulgará os contidos de #pandemiadecontos do Colectivo Narración Oral Galega (NOGA), que agrupa ós profesionais contacontos, entre eles, Brais das Hortas, Atenea García, Avelino González, Caxoto, Cris de Caldas ou Soledad Felloza a través do Festival Atlántica. Co mesmo fin, o colectivo Urdime tamén anda preparando outro proxecto - Cantos e contos desde o poleiro - para facer levadeiro este tempo de retiro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.