Pilar de Lara, sobre a súa sanción: "Algúns chámano inxustiza. Eu prefiro falar de desviación de poder"
Nesta entrevista con Europa Press, a maxistrada confesa como mata o tempo durante a corentena: versiona clásicos musicais no Facebook, estuda "moitísimo" e mesmo se atreve a escribir un libro. Fala tamén sobre a sanción imposta polo CXPX. "Se era unha xuíza traballadora, volvinme inoperante de súpeto?" Consciente de que terá que volver concursar para conseguir praza, admite que non lle importaría marchar a Cataluña.