Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 01/04/2020 | Actualizada ás 09:00
Durante estes días de confinamento domiciliario, xorden iniciativas para animar á xente e facer que esté máis entretida. Así, a sala 'The Paradox Room' en Santiago de Compostela acaba de desenvolver un 'Escape Room' ao que se pode xogar desde a casa.
"A iniciativa xurdiu xunto a uns compañeiros de Fuerteventura", sinala Adrián Caeiro, un dos seus creadores. "É unha forma de non deixar morrer o negocio e que a xente saiba que seguimos aí. Ademais, é totalmente gratuíto", explica o dono do establecemento localizado na Área Central compostelana.
En canto a sinopse, está ligada en certa maneira coa crise sanitaria que estamos a vivir. Baséase nun hipotético final do mundo no 2043, onde o material máis demandado é o papel hixiénico, que se usa como moeda. "A xente ten que facerse pasar polos herdeiros dun príncipe africano que deixou moreas de papel de váter, a cal teñen que recuperar", explica Caeiro.
O xogo leva entre 3 e 4 horas completalo. "Así podemos escapar un pouco de ver tantas noticias na televisión. Ademais, tamén hai que intentar buscarlle o humor ás cousa", opina. En canto ao sector do 'Escape Room', asegura que "esperemos que esta crise pase cando antes. Existe o perigo de que pechen moitas salas".
Se queres probar o xogo, podes facelo a través deste enlace.
Ver esta publicación en Instagram
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- Denuncian o "colapso" da sanidade pública en Ourense
- Ábrese o prazo para anotarse no 'Primavera de Portas Abertas da Ruta do Viño da Ribeira Sacra'
- Galicia ten case 3.000 persoas en lista de espera de dependencia e a demora media é de 393 días
- Galicia diminuíu as emisións contaminantes a un ritmo cinco veces maior que o resto de España en 2023
- A Xunta propón comezar o luns 8 de setembro o curso escolar 2025/26
- Está en crise a sanidade pública? Uns 460.000 galegos teñen seguro sanitario privado, un 2,2 % máis que hai un ano