Pois non. Non é críbel

Estes últimos días escóitanse voces a propósito do actual conflito en Gaza e Israel que entre outras cousas afirman que se algún día as nosas cidades e vilas (poñamos que falo de Ourense. Lugo ou Vigo) foran bombardeadas con milleiros de mísiles, morteiros e foguetes, atacadas durante anos e anos facendo imposíbel unha vida minimamente normal, eles non reclamarían e esixirian do Estado protección contra os ataques.

Por Pedro G.-Valadés | Vigo | 21/11/2012

Comparte esta noticia
Pois non, non é críbel. Porque antes incluso que por ejemplo, o dereito a educación ou a vivenda, está o dereito a seguridade e a vida. E Hamas leva anos violando ese dereito, acosando e provocando a Israel con milleiros de mísiles e foguetes disparados a mantenta contra obxectivos civís israelís. Algo intolerábel se mire como se mire. Absolutamente intolerábel. E iso sen contar os milleiros de disidentes de Al Fatah ou simples funcionarios da Autoridade Nacional Palestina asasinados por Hamas no seu brutal golpe de estado do 2007.
 
Que exercendo o seu lexitimo dereito á autodefensa (como calquera Estado no mundo, nin máis nin menos) Israel resposte ao acoso constante do islamofascismo de Hamas é lóxico e normal. O ilóxico e anormal seria non respostar e deixar desprotexida a súa poboación civil
 
Que algúns solidarios selectivos non digan nunca nin palabra a propósito dos milleiros de mortos en Siria, nin organicen “flotillas da paz” co pobo sirio e algo que réstalles credibilidade.
 
Mais non quero rematar estas liñas sen facer un chamado urxente a Hamas como responsábel absoluto do mantemento da orde na Faixa de Gaza para que poña fin aos seus ataques e constantes provocacións en aras dunha pacificación previa da zona no camiño dunha necesaria solución negociada e pacífica do dramático conflito palestino-israelí  
 
Porque a paz -todos o sabemos- chegará só a rexión pola vía da negociación e do pleno recoñecemento mutuo.
 
Dous Estados para dous pobos. Un Estado árabe para o pobo palestino e un Estado xudeu para o pobo israelí. Vivindo como veciños en paz, con certeza sen afecto mutuo, mais en paz. Non queda outra.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA