A Audiencia de Madrid reabre o caso 'Jimmy', asasinado por ultras do Frente Atlético

Pide que se tome declaración a unha testemuña que ignorou o xuíz.

Por Europa Press / Redacción | Madrid | 17/04/2020 | Actualizada ás 18:27

Comparte esta noticia

A Audiencia Provincial de Madrid reabriu o caso no que investigaba a morte do seareiro do Deportivo da Coruña Francisco Javier 'Jimmy' durante unha liorta que enfrontou o 30 de novembro de 2014 a seareiros do Riazor Blues e o Frente Atlético.

Francisco Javier Romero Taboada, Jimmy.
Francisco Javier Romero Taboada, Jimmy.

Así consta nun auto no que se acorda a instancias dun recurso interposto pola acusación particular revogar o auto ditado polo xuíz de Instrución número 20 de Madrid que sobreseu a causa en xuño de 2018 ao non existir "indicios de criminalidade contra ningunha persoa".

O xiro no caso prodúcese despois de que o xuíz considerase a unha testemuña que apareceu durante a instrución da causa nun oficio da Policía remitido ao xuíz no que se indicaba que manifestou en sede policial quen eran os autores e que coincidían cos nomes que apuntou unha testemuña protexida ao que non se deu credibilidade.

A defensa da familia do falecido recorreu o auto de arquivo debido a que o instrutor non tomou declaración a esta testemuña, un feito que agora si pide que se contemple a Audiencia de Madrid no seu auto.

Os maxistrados sinalan que se os nomes dos supostos autores dos feitos coinciden cos nomes que deu unha testemuña protexida xa non se podería dubidar da credibilidade da testemuña protexida.

O auto apunta que esta testemuña non quixo declarar ante a comisaría ao non ter protección e tampouco lle citou o xuíz, quen non lle outorgou o recoñecemento de testemuña protexida na causa penal como si fixo con outras persoas que presenciaron os feitos.

Por tanto, os maxistrados acordan que se reabra a causa, dado que consideran que a declaración desta testemuña sería "relevante" para a investigación dos delitos que se instrúen neste procedemento penal.

O pasado setembro, o xuíz que investiga o caso acordou nunha peza separada do groso principal a apertura de xuízo oral contra un total de 82 persoas pola súa presunta participación na rifa que desembocou na morte do seareiro do Deportivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Antifascistas

Este caso está lleno de cosas raras ó irregulares...Todo parece que bastante impunidad para los asesinos más de cinco años después que siguen libres en la calle. Intentarán por todos los medios seguir escaqueandose de todo,porque dirán que si dilaciones indebidas, aunque todo el retraso ha sido por el cambio que hubo de juez, y todas las demás cosas que ya se saben en estos cinco años. A ver los testigos esos, porque uno si que acusó bien a los asesinos y esta otra deberá decir lo mismoq eu ya dijo ó sino los abogados del entrono de Jimmy pedir que se la acuse del delito de obstrucción a la justicia....Ánimo para la Galiza Antifascista.