Ourense fíxase o San Martiño, en novembro, para permitir eventos masivos

Cancela ata novembro os eventos culturais, deportivos e festivos para "un público masivo".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/04/2020 | Actualizada ás 12:42

Comparte esta noticia

O Concello de Ourense cancelou ata o mes de novembro todas as actividades culturais, deportivos e festivos "dirixidos a un público masivo".

Así o anunciou este xoves o consistorio local a través do alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, que concreta que a prohibición perdudará, polo menos, ata as festas de San Martiño, coñecidas como o Magosto, que se celebra en novembro.

Ante a crise do coronavirus, o goberno ourensán decide prohibir todos as actividades que impliquen aglomeración de persoas durante o próximos seis meses, nos que tratará de redefinir certos eventos para a súa adaptación ás circunstacias actuais, como as Festas de Ourense ou as do barrio da Ponte.

"A realidade fai que non sexa posible levalas a cabo nas condicións de seguridade e saúde precisas", detalla o consistorio ourensán, que confía en levantar a prohibición antes da celebración do patrón da cidade, San Martiño, o 11 de novembro.

Así as cousas, o concello da capital provincial manifesta a súa intención de reprogramar, na medida do posible, os eventos cancelados para despois da "recuperación da actividade".

Ourense
Ourense | Fonte: CONCELLO DE OURENSE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta