Recomendacións para practicar deporte desde o Concello da Coruña

O goberno local coruñés tamén informou da petición dun total de 748 solicitudes de material educativo a través do programa 'Ninguén atrás' desde que se iniciou elpasado 22 abril.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 01/05/2020 | Actualizada ás 18:18

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Deportes, fixo pública unha serie de recomendacións para a práctica do deporte na desescalada, segundo informa.

'Actívache na rúa' agrupa unha serie de recomendacións elaboradas polas monitoras e monitores das escolas deportivas municipais do concello para aquelas persoas que a partir deste sábadoretomen a actividade deportiva nas rúas.

Como recomendacións xerais suxírese evitar o contacto con elementos ou equipamentos urbanos como bancos, pivotes, bolardos ou muros. Tamén se recomenda facer o quecemento e os estiramentos na casa para evitar tocar calquera elemento urbano "e para aproveitar ao máximo o tempo que está permitidosalir para a realización do traballo cardiovascular".

"Convén tamén unha boa hidratación, se é posible, levando un botello de auga". "E, ao chegar a casa, é imprescindible seguir os consellos de limpeza e desinfección marcados polo Ministerio de Sanidade", engade.

Pola súa banda, o Concello de Culleredo avanzou que, no proceso de desescalada, instalará dispensadores de xel hidroalcohólico nos seus principais parques e prazas para facilitar a limpeza de mans. Activaranse sen contacto e contarán cun deseño exclusivo para o concello.

MATERIAL ESCOLAR

Noutra orde de cousas, o Concello da Coruña informou da petición dun total de 748 solicitudes de material educativo a través do programa 'Ninguén atrás' desde que se iniciou elpasado 22 abril.

O dispositivo foi posto en marcha polas concellarías de Educación e Benestar Social, en colaboración coa dirección dos centros educativos, para facilitar a finalización do curso aos escolares.

Casa do Concello da Coruña
Casa do Concello da Coruña | Fonte: Galipedia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta