A Xunta gasta case un millón de euros en máscaras co seu logo para repartir entre pensionistas e parados

A medida chega cando Feijóo pensa convocar eleccións en xullo.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 08/05/2020 | Actualizada ás 11:53

Comparte esta noticia

Estamos en recesión, en grave crise económica, e a pesar diso, a Xunta deciciu gastar diñeiro en máscaras envoltas nun plástico co logo da Xunta. Unha circunstancia que se produce cando o presidente galego baralla convocar as eleccións en xullo deste ano.

Máscaras co logo da Xunta
Máscaras co logo da Xunta | Fonte: remitida

Segundo puido confirmar Galicia Confidencial, estas máscaras co logo da Xunta foron distribuídas nas farmacias para repartir de xeito gratuíto entre determinados colectivos. A Consellería de Sanidade confirma que son para repartir entre o colectivo de pensionistas, parados e colectivos en risco de exclusión.

Así, lembran que esta medida aprobouse no Consello da Xunta do pasado día 24 de abril que acordou a distribución de máscaras cirúrxicas entre os pensionistas con rendas inferiores a 18.000 euros ao ano e perceptores de rendas mínimas de inserción e parados sen prestación de desemprego entre outros colectivos.

A Xunta distribuirá preto de 2,2 millóns destas máscaras cirúrxicas, repartidas en 719.000 paquetes, no marco desta iniciativa que conta cun orzamento de 952.187 euros. O reparto será tres máscaras de xeito gratuíto nas oficinas de farmacia para aquelas persoas que aporten na tarxeta sanitaria o 0% e o 10%, contribuirá á protección das persoas con maior vulnerabilidade aos efectos do COVID-19 e permitirá que poidan dispoñer de máscaras cirúrxicas para cando se inicie o desconfinamento. Con esta inciativa a Xunta prevé  beneficiar a 718.562 persoas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 30 comentarios

12 Teresa Seijo

Unha aclaración moi IMPORTANTE, a parte da noticia en sí. Vou sinalar un erro nalgúns comentarios de que as macarillas non protexen ás persoas que están sas. Explícome: sí que nos protexen ó impedir que quen as leven contaxen o virus si o padecen, o que hai que facer e levalas todos porque así eu protéxote a ti e ti a min. Comprendedes?

11 Miguel Román

Segun me dijeron en la farmacia, solo sirven para que una persona que tenga el virus no contagie a los que están sanos, pero si estas, puedes ser contagiado por alguien que lo tenga y respire a tu lado, osea, que no nos protegen del virus a los que estamos sanos

1 Teresa Seijo

El caso es que debe usarlas todo el mundo, porque sólo por la cara nadie sabe si tienes el virus o no, recordad que hay pacientes asintomáticos. Al llevarlas todos, tu me proteges a mi y yo te protejo a ti.

10 Pondal

A ver, imos a analizar os datos da noticia. Polo que se da a entender no titular a Xunta gasta 1000000 en envolver as mascarillas, ao que teriamos que sumarlle o prezo das mascarillas. Se envolven 719000 mascarillas da a más dun euro por envoltorio, precio que dubido moito que sexa real. Creo que fuxindo do sensacionalismo da noticia o correcto sería indicar que a Xunta gasta 1 millón en comprar E envolver as mascarillas, indicando como se usan no reverso do envoltorio.

1 Uuu

Tal cual... Habería que ver a ver que facía a fenómena esa do pelo cortado a machado que o unico que fai é actuar coma unha rémora política

9 María

Por que non poñedes a imaxe do outro lado do envoltorio onde se explica como hai que colocar as máscaras? Esa parte non vos viña ben para o titular, non? Unha mágoa...

1 Josel

Me parece que tal y como esta el panorama, nadie se deberia de gastar un € en enseñar a ponerse una mascarilla sea en el anverso o en el reverso. Caro profesor. Se podria entregar esa cantidad en alimentos.

2 María

Pois dado que cada paquete trae dous tipos diferentes de máscaras (2 hixiénicas e 1 cirúrxica) que se empregan de distinta maneira, e tendo en conta os colectivos aos que se destinan, non creo que sobre a explicación.

8 galegoexiliado

¿E sabedes si traen xa o sobre pa votar, ou é so propaganda do PPOX?