Orquestras e Djs reiventanse con discotecas móbiles para que os mozos bailen nos seus coches

Radikal Autodisco, a primeira discoteca móbil en formato autodisco de Galicia e ofrecerá as súas primeiras actuacións o próximo mes de xuño.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 11/05/2020 | Actualizada ás 21:30

Comparte esta noticia

Rául Romeu, exvocalista da Orquestra Cinema, e David Expósito, DJ e locutor de radio, acaban de poñer en marcha a primeira discoteca móbil de Galicia. Trátase de Radikal Autodisco, un auto disco, con máis de 17 metros, 30.000 watios de son e 45.000 de iluminación, 36 metros cadrados de pantallas led, pasarelas colgantes e efectos.

Discoteca móbil
Discoteca móbil | Fonte: leonicio.es

O seu obxectivo é que o público poida gozar desde o seu coche de todo o espéctaculo musical que ofrecen. Nun comunicado informan que levan meses traballando nun disco móbil, na que investiron máis de 60.000 euros,. “Pero chegou o Covid 19 e as formas de consumir música cambiaron dun día para outro”, din. Así que, tamén eles se adaptaron a un formato que xa funciona noutros países, como en Alemaña.

A súa idea é que os mozos poidan “ver, ouvir e bailar a música sen saír do seu coche”, nunha gran zona perfectamente delimitada e pechada, con corredores de acceso e saída para poder garantir todas as novas normas de seguridade. “Radikal Autodisco xa dispón de calendario de contratación para todas aquelas comisións e empresarios que queiran contratar as súas festas”, apuntan.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta