As residencias galegas non suman máis casos, pero si os centros de discapacidade

Os positivos entre usuarios de centros de discapacidade repuntan levemente, ata 33, ao detectarse 2 casos en DomusVi Bóveda.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 17/05/2020 | Actualizada ás 13:58

Comparte esta noticia

As residencias da terceira idade de Galicia non rexistraron novos casos de coronavirus ao longo do sábado. Así, tendo en conta que durante esta xornada houbo seis novas altas entre os maiores e outras 12 entre os traballadores, os casos activos de COVID-19 nos xeriátricos baixaron a 237.

De acordo co balance facilitado este domingo pola Consellería de Política Social, con datos actualizados a este sábado, aínda hai 131 usuarios de xeriátricos que non superaron a enfermidade, mentres que os empregados afectados son 101.

En canto aos datos que manexa Política Social sobre os Centros de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD), este sábado non houbo novas altas pero detectáronse dous positivos no centro DomusVi de Bóveda, que pasa de 8 a 10 casos activos.

En total, son 33 usuarios destas instalacións --o balance do sábado contabilizaba 31-- que se concentran en DomusVi Bóveda (10), no CAPD da Coruña (9), en San Rosendo de Monterrei (5), CAPD Redondela (4), Aixiña de Ourense (3) e as Vivendas Aspronaga da Coruña (2).

Un operario con traxe de desinfeccion na Residencia de anciáns San Carlos de Celanova en Ourense -foco principal de contagios do Covid-19 ata agora na provincia galega- en Celanova (Ourense, Galicia, España), a 24 de marzo de 2020.. Rosa Veiga - Europa Press - Arquivo
Un operario con traxe de desinfeccion na Residencia de anciáns San Carlos de Celanova en Ourense -foco principal de contagios do Covid-19 ata agora na provincia galega- en Celanova (Ourense, Galicia, España), a 24 de marzo de 2020.. Rosa Veiga - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Outra puñeta máis... resulta que a AUTORIDADE UNICA non deixa visitar a ningún maior nas Residencias de Galicia !!! (pero sí permitirían abrir tódolos Centros de Día) !!! Xa está ben de represión gratuíta !!!