Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 21/05/2020 | Actualizada ás 22:15
ADEGA e a Plataforma para la Defensa de la Cordillera Cantábrica (PDCC) acusan ao goberno galego de aproveitarse da presenza de osos pardos máis alá do Courel para facer propaganda. En concreto, acusan á Xunta de aproveitarse deste feito para vender a imaxe de conservación para o proxecto LIFE, ou tolerar a distribución de imaxes de osos no Parque Natural do Invernadoiro “por parte dunha produtora de cinema”.
As organizacións ambientalistas consideran grave que, mentres se dá difusión de políticas conservacionistas en Galicia, pola contra, a Xunta tolera a destrución do hábitat do oso. Poñen como exemplos o parque eólico do Iribo, as canteiras de Pena Trevinca ou a autovía A-76 que atravesa o Parque Natural da Serra de Enciña de Lastra. Ademais de alterar o bosque con especies foráneas.
Ante todo isto, piden que se renove o plan de protección do oso en Galicia, xa que o último documento é de 1992, e protexía a este animal nunha área moi limitada do Courel. Lembran que o único movemento ao respecto foi a creación dun borrador en 2013 e que non se volveu revisar desde aquela. Por iso ADEGA, PDCC, SGHN e Ecoloxistas en Acción Galiza, piden a recuperación do plan de protección e a súa aplicación.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.