Por Galicia Confidencial | Porto do Son | 23/05/2020 | Actualizada ás 11:29
Unha embarcación volveu naufragar fronte a Porto do Son. Segundo os datos facilitados a Galicia Confidencial polos equipos de rescate hai catro mariñeiros a salvo que foron recollidos por outra embarcación. Dous deles foron trasladados ao hospital con hipotermia.
Os feitos tiveron lugar na zona coñecida como as Basoñas onde o barco naufragou. Os propios mariñeiros estiveron tentando rescatar a nave xa na auga durante unha hora sen conseguilo, ata que foron rescatados por outro barco.
Este é o segundo naufraxio en augas deste concello en menos dun ano. En novembro pasado o Divina Mar deixaba un falecido noutro naufraxio que tiña lugar preto do castro de Baroña.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.