Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/01/2025 | Actualizada ás 21:20
Os Bombeiros rescataron do interior dun pozo do municipio pontevedrés de Cambados o corpo sen vida dunha muller. Segundo informou o 112, recibiu a alerta ás 18.30 horas, cando un particular contactou indicando que a súa muller atopara o corpo da súa veciña no interior dun pozo, dunha profundidade dun catro ou cinco metros, situado no Lugar de Sameiro, na parroquia de Vilariño (Cambados).
De inmediato, a sala de operacións do 112 mobilizou os recursos necesarios. Concretamente, ao persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que, tras chegar ao lugar, solicitou a colaboración dos Bombeiros do Salnés para proceder ao rescate. Así mesmo, interviñeron axentes da Garda Civil, da Policía Local e efectivos de Protección Civil de Cambados para coordinar as actuacións. Nestes momentos, as forzas da orde traballan para esclarecer as circunstancias que rodean o suceso.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.