Africa Times Press critica a La Voz de Galicia por vincular a delincuencia coas persoas afroamericanas

Centos de usuarios cualifican abertamente de "racista" a este xornal coruñés nas redes sociais.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 31/05/2020 | Actualizada ás 13:06

Comparte esta noticia

Africa Times Press, unha axencia de comunicación que presta servizos en 55 países de África, critica duramente a La Voz de Galicia por identificar afroamericanaos con delincuentes nunha información publicada este sábado.

A través das súas redes sociais, este medio de comunicación africano chama a outros medios de comicación, entre eles Galicia Confidencial, a que denuncien unha información que consideran racista.

“Los afroamericanos son solo el 12 % de la población, pero cometen más de la mitad de los homicidios y robos y el 70 % de los delitos relacionados con las drogas. Esto hace que sus nteracciones con la policía, a veces letales, sean más frecuentes”, escribía na súa rede de Tuiter, ante  unha información titulada “¿Es racista la Policía de Estados Unidos?”.

Desde entón, á La Voz de Galicia estanlle chovendo as críticas de centos de usuarios nas redes sociais por un artigo que cualifican abertamente de “racista” e "denigrante" para a comunidade afroamericana e algúns vinculan esta información e o medio directamente coa ultradereita.

Tuit de La Voz de Galicia considerado ofensivo e racista
Tuit de La Voz de Galicia considerado ofensivo e racista

La Voz de Galicia é o medio máis subvencionado pola Xunta de Galicia de Alberto Núñez Feijóo. Segundo as informacións recollidas por Galicia Confidencial, este medio recibe anualmente millóns de euros a través de convenios de publicidade e acordos con distintas consellerías.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

4 Galiza

Hola, e cal e o vosso argumento para contradecer o que dice a Voz de Galiza? Porque eu na notiza non lein nemghum..

3 Gamela

Máis que falar de Racismo deberamos falar de Aporofobia ! Os negros ricos caen moi ben a todo o mundo incluídos os policías americanos ! Cando a policía ten que denunciar a alguén o Ferrari pasa de largo e a multa sempre lle cae ao Ibiza ¿por que será? // Todos nós somos Racistas nese sentido, todos nós somos responsables de marxinar ao máis débil e sobre todo directamente ao POBRE cicais porque nos lembra que tamén nós podemos rematar tirados nas rúas e volvernos invisibles (?) Esta cuestión é moi vella ! Temos unha pregunta para VIGO a cidade máis Aporofóbica de Galicia ! https://twitter.com/00Gamela/status...

2 Daiqui

A deriva de La Voz foi patética. Era un medio de comunicación comprometido coa cultura e coa xente do país e escorregou completamente cara unha dereita españolista e rancia. Non chegaban os artigos de Valdés e Barreiro senón que chegamos ata o racismo.

1 CastelaoPaSogama

Decir la verdad no es delito. En Galicia, los negros no suelen dar problemas salvo tres carteristas que conoce todo el mundo salvo algún pardillo. Esto es verdad aquí, y lo que cuenta La Voz de los negros americanos, también.

1 emigrante 3

Vergonha de comentário que desacredita totalmente a quem o fai. É claro que não léu o Sempre em Galiza “Para nós, os galegos, afeitos a percorrermos o mundo e a conviver com todas as raças, o nacionalismo racista é um delito e também um pecado. Endejamais medimos os diâmetros do nosso crâneo, nem lho medimos a ninguém para ser admitido na nossa comunidade” Ademais e que nunca viajou, o único que faz é insultar a todos os imigrantes (e descendentes de) galegos