Dun acordo electoral a unha fronte de esquerdas

Onte diciamos marea Beiras, falabamos da bomba e do tsunami electoral. O prognóstico da meteoroloxía política cumpriuse e a tormenta foi maior do que moitos pensabamos. Os efectos da natureza deixaron algúns afectados e pegadas políticas que estarán presentes nos próximos anos na sociedade galega.

Por Lois Pérez Leira | Vigo | 20/01/2013

Comparte esta noticia
Para a esquerda nacional o recente resultado electoral –fóra dos xogos de palabras e as imaxes fatuas– foi  un salto cualitativo inmenso. En poucos lugares do mundo se tiña producido un fenómeno político de ascenso tan rápido e alternativo como o que aconteceu na nosa terra con Alternativa Galega de Esquerda (AGE). Parecía que o electorado levaba varios anos esperando ese momento para poder expresarse como realmente quería, a través dun voto, claro e contundente, da esquerda nacional. 
 
Como sinalou o propio Beiras e algunhas enquisadoras, se as eleccións se tivesen celebrado uns días despois, a opción da oposición máis votado tería sido AGE. Todos coinciden en que esta formación foi a ganadora moral do escrutinio. 
 
O inicio do traballo parlamentario cun estilo propio e afastado dos formalismos, foi outro dos acontecementos que auguran un protagonismo activo dos deputados de AGE. Quedou claro que para o conxunto da cidadanía o tándem X. Manuel Beiras–Yolanda Diaz converteuse na verdadeira alternativa no parlamento galego. Este papel que lles está outorgando a sociedade civil, pode transformarse no vindeiro período, nun goberno autenticamente de esquerdas. 
 
A crise do PSdeG e do BNG determinase un continuo transvase electoral, desde estes espazos moi relacionados con prácticas políticas que a cidadanía rexeita. A crise de representación destes dous partidos xera o momento máis oportuno para o ascenso e consolidación de AGE. 
 
Aínda que esta Alternativa veu para quedar, o certo é que debe pasar de ser un acordo-técnico  electoral e parlamentario, para converterse nunha fronte política que lidere no parlamento e na rúa, a loita pola transformación social e a defensa dos dereitos nacionais de Galicia. 
 
Aínda existen en ambas as dúas formacións converxentes, resentimentos do pasado, prexuízos aínda non resoltos e, como en toda organización ascendente, algunhas posicións minoritarias oportunistas que reducen a política ao feito electoral. A mensaxe dos votantes foi claro, Galicia necesita da unidade da autentica esquerda. A unidade dos traballadores/as e de todos os que loitan por construír unha sociedade distinta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Lois Pérez Leira Naceu en Vigo en 1953, emigrando á Arxentina cos seus pais sendo aínda un neno. En 1990 retorno definitivamente a Galicia, especializándose en temas migratorios. Durante estes últimos anos escribiu numerosos libros sobre a emigración galega e impartiu distintas conferencias en distintos países do mundo. Nos últimos anos se dedicou ao documentalismo sendo director de 18 documentais. Na actualidade é o secretario xeral de Nova Esquerda Socialista, organización que participa do Novo Proyecto Común. Foi distinguido en numerososa oportunidades, sendo nomeado cidadán ilustre da cidade de Salvador de Bahia.