O concurso de liñas de transporte da Xunta, a complicada batalla dos David locais contra os Goliat internacionais

A competición coas grandes empresas como Mombús, Arriva ou Alsa obriga as pequenas empresas de autobús a realizar complicadas UTES para manter as liñas de transporte.

Por Galicia Confidencial | Carballo | 17/06/2020 | Actualizada ás 21:20

Comparte esta noticia

Este luns, 15 de xuño, comezou o proceso de licitación de varios lotes do chamado Transporte Integrado (a fusión do transporte escolar co regular). Un proceso de licitación que recibíu duras críticas pola intención da Xunta de favorecer a concentración empresarial. Son lotes moito máis grandes que obrigan ás pequenas empresas que conforman o panorama do rural galego, a unirse en UTEs pouco naturais para poder competir con grandes multinacionais, como Arriva, Monbús, Alsa, Interbús ou a Compañía de Tranvías da Coruña.

Autobús de Monbús
Autobús de Monbús | Fonte: wikimedia

Tal e como avanzou xa o xornal colaborador QPC, 12 empresas da Costa da Morte (Vehículos Costa, Autocares Pedro Pombo, Autocares López e Hijo, Autos Fondo e Hijos, Autocares González Rodríguez, Autocares Ferrín-Costa, Autocares Facal, Facal Bus, Autocares Rey Varela, Autocares J. Pombo, Autocares Meijide e Transportes Cotelo) participan no procedemento formando varias UTEs para optar a 5 lotes (Lote XG-804, a liña de Muxía-Negreira-Santaigo; Lote XG-811, a liña Camariñas - Santiago; Lote XG-813, a Cee-Fisterra; Lote XG-845, por Santa Comba - Mazaricos; e o Lote XG-848, a liña Coruña-Fisterra).

Nos lotes máis pequenos e os economómicamente rendibles (o de Camariñas e o da terra do Xallas), que se non pasa nada, e se a UTE costeira cumple os requisitos dos sobres B e C, serían de adxudicación directa, porque só hai unha candidatura.

OS GRANDES VAN AS LIÑAS MÁIS RENDABLES

Pero nos lotes de maior importancia económica terán moita competencia. E unha dura competencia xa que en fronte terán ás grandes empresas españolas do sector como Arriva, Monbús ou Alsa. Así, a UTE de empresas locais compite na liña Cee-Fisterra coas empresas satélites de Monbús. Na liña Santiago-Muxía, teñen dous grandes competidores: a UTE entre Hermanos Ferrín e Monbús; e por outro lado é a madrileña Interbús e a Interurbana de Autobuses, a dos buses urbanos da Coruña. E na liña Fisterra-Coruña tocará competir con Arriva (Autos Carballo), e a UTE entre as empresas satélite de Alsa e Monbús.

As dúas máis importantes son as Fisterra-Coruña (importante tamén ao ter tamén Arteixo), e e a de Santiago-Muxía, que medrou moito gracias ao Camiño. Dende as empresas costeiras consideran que están nunha boa disposición pero con cautela. En todo caso, “a sorte está botada”.

Sobre os prazos, inicialmente está previsto que as novas adxudicacións empecen a traballar en setembro, co comezo do novo curso. Con todo, o proceso pode atrasarse ata xaneiro. Ata entón, continuarán traballando as empresas que o viñan facendo ata este curso, como pasou nos lotes de Carballo-Coristanco ata comezos deste ano.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta