Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/06/2020 | Actualizada ás 13:32
UGT-Xustiza pediu á Dirección Xeral de Xustiza un reforzo do persoal dos Rexistros Civís durante os próximos meses para garantir que se tramiten os expedientes matrimoniais pendentes por mor da COVID-19.
Os expedientes quedaron suspendidos durante máis de tres meses coas medidas de seguridade adoptadas coa pandemia e o cesamento da actividade afectou en especial os matrimonios, o que "está a producir unha importante acumulación de solicitudes nun breve espazo de tempo", destacou o sindicato.
O persoal dos Rexistros Civís está "desbordado" e non pode atender "coa rapidez suficiente" as peticións, que se incrementan nestas datas porque a maioría dos matrimonios celébranse en xullo e agosto. Ao incremento da carga por este lado, agregou o sindicato, súmase a continuación da totalidade dos prazos administrativos desde o 1 de xuño, que afecta aos demais expedientes.
O período estival insistiu UGT, é o de maior afluencia turística no litoral galego, o que supón "un aumento na demanda de servizos públicos, Rexistro Civil incluído". O sindicato pide ter en conta tamén que moitas parellas teñen comprometida a data da súa ligazón con restaurantes e hoteis, polo que os reforzos permitirían evitar "posibles prexuízos derivados de adiamentos" nas datas de celebración dos matrimonios.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.