Por E.P. | OURENSE | 20/06/2020 | Actualizada ás 15:37
O candidato de Marea Galeguista á Xunta, Pancho Casal, visitou este sábado a cidade de Ourense para presentar a candidatura da coalición nunha provincia que tentará sacar "do esquecemento". Para iso, reclamou "discriminación positiva" na distribución de fondos europeos e do Estado.
Acompañado polo número uno por esta circunscrición, Milagres Curral, Casal afirmou que hai que "desenvolver todas as potencialidades" de Ourense. E é que, aínda que o presidente da Xunta e candidato á reelección polo PP, Alberto Núñez Feijóo, anunciou para os comicios de 2016 que ía ser "a lexislatura do rural", o líder de Marea Galeguista considera que "calquera habitante do rural ourensán vive hoxe peor que fai catro anos".
Ademais, Pancho Casal destacou as industrias téxtil e agrogandeira da provincia e sinalou que é necesaria unha "aposta clara polo desenvolvemento" para a transformación do sector primario e para impulsar o do automóbil.
"Dentro dun lustro, máis do 90 por cento dos vehículos que se produzan serán eléctricos e Ourense podería albergar unha gran fábrica de baterías eléctricas para prover á industria automobilística galega", avogou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.